Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta, Román Rodríguez, e o director de Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro, asinaron un acordo de colaboración para promover o uso do galego entre a mocidade en plataformas dixitais.
O acordo, que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, buscará potenciar e recoñecer o talento dos mozos que empregan o idioma propio de Galicia para crear contidos innovadores en redes sociais.
O convenio, engade a Xunta, tamén destacará "o valor da colaboración público-privada" no ámbito cultural e creativo. Para iso, ambas as institucións lanzarán un concurso de vídeos de TikTok que se desenvolverá de xuño a setembro e que premiará as mellores pezas compartidas en catro disciplinas: arte, música, audiovisual e poesía.
Esta colaboración entre a Administración autonómica e Gadis enmárcase na celebración da 60 edición da festividade das Letras Galegas, que este ano terá a Francisco Fernández del Riego como homenaxeado.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora de Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, Melisa Plagiaro, asinan un convenio de colaboración para promover o galego entre a mocidade.. XUNTA / Europa Press