Verín presenta a programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galegas

Entre o 12 e o 19 de maio haberá contacontos, música, a proxección dun documental e a gala musico-literaria das Letras Galegas o 17 de maio no Auditorio Municipal. Ata xullo a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a exposición "Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fdez. del Riego", realizada polo IES Castelao de Vigo e a Secretaría Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Verín | 11/05/2023

O Concello de Verín vén de presentar, da man de Diego Lourenzo Moura, en representación do Área de Cultura, a programación de actividades que se desenvolverán entre os días 12 e 19 de maio en Verín para celebrar o Día das Letras Galegas. 

O 12 de maio a Biblioteca Municipal de Verín organiza unha sesión de contacontos e manualidades das Letras Galegas para os socios e socias máis pequenos (de 3 a 9 anos). Cómpre inscribirse e a actividade desenvolverana voluntarios/as da propia biblioteca.

O 16 de maio, ás 20:30 horas, a Praza da Mercé acollerá un concerto que leva por título “Ialma canta a Rosalía”. Trátase dun espectáculo no que Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo contan a súa historia, que é a de tantos emigrantes. "O noso proxecto é, coma o de Rosalía, un horizonte de esperanza. Amamos a vida, a música, a poesía, a danza, a xente. Ialma é dignidade, liberdade e alegría de vivir», así definen este espectáculo as integrantes do grupo".

A tradicional gala musico-literaria das Letras Galegas, presentada pola verinesa Helena Pousada Godás, será o día propio das Letras Galegas, o 17 de maio, ás 19:00 h. Na mesma recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O Conservatorio Profesional de Verín será o encargado de poñer o broche musical ao evento.

Por último, o venres 19 de maio, a Biblioteca Municipal de Verín acollerá ás 19:30 h. a presentación e proxección do Documental "O Camiño Mozárabe: Sangue, suor e Fe", escrito por Vázquez Taín e producido por Amarola Produciones. Segundo sinalan dende o Concello de Verín, "este documental é un proxecto de máis de dous anos de investigación no que se pon o foco de atención nun dos roteiros máis relevantes do Camiño de Santiago, que quedou inxustamente relegado nos últimos anos e que estamos a tentar recuperar co próximo proxecto".

ACTIVIDADES PARA HOMENAXEAR A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O pasado día 27 de abril unha conferencia servía para abrir as actividades realizadas pola Biblioteca do Concello de Verín para homenaxear a D. Francisco Fernández del Riego, o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

Como complemento a esta actividade, a devandita biblioteca contará ata o mes de xullo cunha exposición: "Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fdez. del Riego". A mostra, realizada polo IES Castelao de Vigo e a Secretaría Política Lingüística da Xunta de Galicia, componse dunha unidade didáctica e 10 carteis que percorren as dez paradas máis importantes na vida de D. Paco Fernández del Riego.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Diego Lourenzo co cartel de actividades do Día das Letras Galegas 2023. Foto: Comunicación Concello de Verín.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.