Dez bandas encargadas do tributo ao rock galego no Día das Letras Galegas

"Ferro e Pedra: Homeaxe ós precursores" contarán con versións de "Los Suaves", "Los Piratas", "Nordés" ou "Épsilon".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/05/2023

"Ferro e Pedra: Homeaxe ós precursores" é un tributo ao rock e metal galegos lanzado este Día das Letras Galegas,  onde se versionarán bandas moi importantes coma "Los Suaves", "Los Piratas", "Nordés", "Consumatun Est". "Detestor", "Nowhere" ou "Épsilon".

Entre as bandas que gravaron as versións atopamos a Aquelarre, Amenaza de Muerte, Barbarian Prophecies, Dioivo, Mileth, Pneura, Schwarzenegger, Somos Nos, Xerión e Xhamain. Cada unha destas agrupacións galegas seleccionou un tema dunha banda histórica da súa zona, dando lugar así a un traballo conxunto que abrangue catro décadas de rock e metal de toda Galicia.

As cancións versioadas serán “Años 80” de Los Piratas, “Overdose” de Mutant Squad, “Déixao” de Épsilon, “Unha de guerra” dos Desvirgheitors“O palismocas” de Nordés, “Esta vida me va a matar” de Los Suaves, "Josemari” de Consumatum Est, “Mal can che fodera" de Mol, “Necrofobia” de Detestor e “Endexamais”, versión en galego do tema “Never in Time” dos pontevedreses Nowhere.
 
Súmanse así, en total, 10 cancións, toda unha proba da calidade e diversidade das que sempre gozou a música do país. A maioría das mesmas, cantadas en galego para celebrar o Día das Letras Galegas. De feito, moitas das bandas homenaxeadas, como Épsilon, Desvirgheitors ou Mol, foron pioneiras en levar a lingua galega ao metal, un estilo no que, naqueles anos, non era frecuente atopar gravacións nesta lingua. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ángel Ruiz (esquerda) durante un concerto de Los Suaves / Ángel Ruiz. Libro 'Los Suaves'

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.