Elena Candia (PP Lugo): "Non ten sentido darlle cen días de graza a un goberno de perdedores"

A aspirante popular insiste en ofrecer un pacto a PSOE e BNG para que sexa a forza máis votada a que goberne na capital lucense. E se non é atendida a súa petición non haberá "cen días de graza".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023

A candidata do PP á Alcaldía, Elena Candia, quen quedou o pasado domingo 28 de maio ás portas da maioría absoluta, será a portavoz do grupo municipal, coas áreas de Economía e Cultura, mentres que Enrique Rozas, será o viceportavoz e responsable das áreas de seguridade, participación (atención á cidadanía) e deportes.

E en clave provincial, a proposta do grupo municipal para o representante na Deputación de Lugo é Antonio Ameijide, ata agora viceportavoz no Consistorio. O concelleiro, que se encargará de infraestruturas e mobilidade, collerá a substitución de Óscar Poy, que ocupou o cargo o últimos catro anos.

Candia presentou este luns, acompañada polos 11 populares candidatos que entrarán na corporación o vindeiro sábado 17 de xuño, a estrutura do grupo municipal, e tamén avanzou a estratexia e a repartición de áreas que acordou cos integrantes da agrupación. "Cada persoa do equipo terá unhas responsabilidades de traballo cun dobre obxectivo: por unha banda, fiscalizar as accións do goberno e, por outra banda, facer un traballo propositivo".

Os populares fixeron este anuncio tras rexistrar unha carta dirixida á candidata do PSOE, Lara Méndez, e ao aspirante do BNG, Rubén Arroxo, solicitando senllas reunións. E é que Candia insistiu na oferta dun pacto para que sexa o PP, a forza máis votada, a que lidere o goberno de Lugo.  "De rexeitar este ofrecemento e reeditarse o pacto de perdedores non tería sentido darlles os cen días de graza, nin esperar nin un só día para xulgar as súas accións políticas. Non sería xusto nin razoable", avisou a dirixente popular.

"OPOSICIÓN ESIXENTE E FIRME"

O equipo do grupo popular combinará a experiencia de cinco persoas que tiveron ou ten na actualidade responsabilidades en política municipal (a candidata, Rozas, Ameijide, Javier Vázquez e Mar Carballas) mentres que os seis restantes estréanse na área de política.

"Faremos un traballo positivo e unha fiscalización esixente e firme do bipartito. Seremos os ollos e os oídos de todos os lucenses os 365 días, as 24 horas tanto dos que votaron ao PP como dos que non o fixeron", remarcou, convencida de que "non hai tempo que perder".

En canto ao resto de áreas, Cristina Sanz ocuparase de fondos europeos e seguimento Lugo Transforma; mentres que Javier Vázquez levará educación; Flor Rubinos atención ás 54 parroquias da zona rural; e Sivia Colmenero, comercio, industria, consumo e medio ambiente (compartirá con Ameijide unha subárea deste eixo).

Pola súa banda, Ramón Cabarcos ocuparase de rehabilitación e urbanismo; Agustín Gallego, turismo e promoción do municipio; Aurora Goás, muller e igualdade; Gustavo Díaz, benestar social, migración e voluntariado; e Mar Carballas, recursos humanos e atención á infancia e á mocidade.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Candia presenta a estrutura do grupo municipal.. PPDEG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.