G. Caballero volve criticar as listas do PSdeG: "Hai que construílas mirando ao futuro e non ao pasado"

Avisa da necesidade de entender os resultados do 28M e ponse a disposición do partido para manter o goberno de progreso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2023

O que foi secretario xeral do PSdeG e actual deputado autonómico, Gonzalo Caballero, recomendou ao Partido Socialista de Galicia que aposte por candidaturas "frescas e ilusionantes" para saír a gañar e gobernar o 23 de xullo, convencido de que "hai que construílas mirando ao futuro e non ao pasado".

O político vigués sostivo que os socialistas deben ser "coidadosos" na incorporación de cargos do goberno ás listas para que "non traslade unha imaxe de baile de cadeiras que dificulte a mensaxe en positivo e gañador".

Así mesmo, púxose a disposición do PSdeG para traballar na campaña das xerais. "Porque a miña máxima prioridade é manter un goberno de progreso fronte ao risco da dereita e a ultradereita. Pero é fundamental entender o que pasou o 28 de maio para poder afrontar con éxito o 23 de xullo", dixo para lembrar que o Partido Socialista caeu en Galicia "tres veces máis que no conxunto de España".

Ademais, aproveitou para recoñecer o traballo dos deputados e senadores saíntes, elixidos na súa etapa como secretario xeral, personalizados nas figuras do coordinador no Congreso Guillermo Meijón e o que foi coordinador e senador Xoaquín Fernández Leiceaga. Precisamente, ningún dos dous concorre nas listas que esta semana foron aprobadas xa nos comités provinciais e que este fin de semana serán ratificadas polo comité federal.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O que foi secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cos deputados e senadores na toma de posesión en 2020 / PSdeG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.