Sober, o primeiro concello de todo o Estado en ser constituído tras as eleccións do 28M

Será ás 00,00 do sábado 17 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 12/06/2023

A corporación municipal de Sober, un concello lucense situado na Ribeira Sacra, volverá ser a primeira de España en quedar constituída, xa que celebrará o primeiro pleno ás 00,00 do sábado 17 de xuño.

Ademais, o actual alcalde en funcións, Luís Fernández Guitián, do PP, asumirá o bastón de mando por cuarta vez tras conseguir unha maioría absoluta de oito concelleiros nas eleccións do pasado 28 de maio. Agromar Sober foi segunda forza, con dous edís, e o PSOE terceira, cun.

Así, a partir das 00,00 horas do sábado, celebrarase o pleno no que Sober será, por cuarta vez consecutiva --xa o foi en 2011, 2015 e 2019-- a primeira corporación en arrincar mandato. "Algo anecdótico que xa se converteu en habitual e que volve pór o foco en Sober", destaca o rexedor en funcións. Fernández Guitián subliña que en España hai "máis de 8.100 corporacións" que se constitúen o 17 de xuño, pero que Sober "non vai ser unha máis", senón "a primeira".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A corporación de Sober volverá ser a primeira en constituírse en España / CONCELLO DE SOBER

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.