Gonzalo Caballero non descarta presentarse ás primarias do PSdeG

Asegura que o partido debe "endereitar o rumbo" e "buscar máis integración" para "evitar un retroceso" como nas municipais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2023

O que foi secretario xeral do PSdeG e actual deputado autonómico, Gonzalo Caballero, avanzou este luns que iniciará "un proceso de escoita" para decidir se se presenta ás primarias para elixir o candidato socialista á Presidencia da Xunta e pediu á formación autocrítica sobre os resultados alcanzados nos comicios municipais do 28 de maio para poder gañar as eleccións o próximo 23 de xullo.

"Quero agradecer aos compañeiros e compañeiras que desde onte me trasladaron o seu apoio en relación ás primarias e vou abrir un proceso de escoita co conxunto da organización e de Galicia para traballar en defensa do mellor socialismo", destacou para soster que "agora a prioridade é o 23X", data despois da que falará sobre "como conseguir crecer" como, segundo indicou, o partido creceu "sempre" durante a súa etapa como secretario xeral.

Un día despois de que o actual xefe de filas do PSdeG, Valentín González Formoso, anunciase a convocatoria de primarias para o mes de setembro, Gonzalo Caballero, pediu que o debate sobre este proceso interno non tape a necesidade de autocrítica sobre os resultados das municipais para acertar o 23 de xullo. Ademais, asegurou estar "máis preparado que nunca" para impulsar "os mellores proxectos políticos para Galicia".

"Un aprende na adversidade e na travesía do deserto e teño a bagaxe de dirixir este partido en momentos de pandemia moi difíciles, conseguindo que crecésemos en porcentaxe de voto nas xerais, nas municipais e tamén nas galegas", dixo para argumentar que busca "evitar que o PSdeG poida encarar procesos de retrocesos electorais continuos".

MENSAXE DO 28M E INTEGRACIÓN

En declaracións a Europa Press, o político vigués considerou que é "moi importante" que o PSdeG "entenda adecuadamente a caída electoral do 28M en Galicia, que foi tres veces máis intensa para os socialistas que no conxunto de España". Por iso, subliñou que a análise dos resultados e a autocrítica "non debe evitarse a través do anuncio das primarias".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero / Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.