Álvarez (PSdeG) ve a Pontón como "aprendiz de bruxa" por insistir en que o BNG gañará as galegas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2023

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, criticou que a líder do BNG, Ana Pontón, se de por "gañadora" das eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo ano, se non hai adianto electoral.

Preguntado polas declaracións na Cadea Ser nas que Pontón asegurou que canto antes se celebren as eleccións antes poderase "cambiar o rumbo deste país" cun goberno liderado polo Bloque, o dirixente socialista sostivo que Pontón ten "demasiada présa por chegar a un escenario no que ela non é consciente que a primeira forza política progresista de Galicia é o PSdeG".

"Darse por gañadora neste caso dun proceso autonómico paréceme facer o mesmo que acabo de dicir do señor Núñez Feijóo, de aprendiz de bruxo, neste caso de bruxa", sostivo nunha intervención na que cargou contra o "cinismo" de Feijóo e rexeitou entrar "nunha dinámica perigosa" sobre unha posible mal interpretación das súas palabras.

Luís Álvarez asegurou que Pontón hai moito meses que afirma que Galicia vai ter a primeira presidenta, que vai ser ela. "Pero eu cos resultados do 28M e cun partido socialista rearmado, ilusionado e con mentalidade gañadora, tampouco apostaría moito a que o BNG vaia a ser a primeira forza. É máis, estou convencido de que non", afirmou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez / PSdeG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.