Rueda anuncia dez novos cambios en cinco consellerías

A maior parte dos nomeamentos son nas secretarías técnicas, é dicir, o segundo cargo máis importante despois de conselleiros e conselleiras. Cesan todos os altos cargos de Economía e Industria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou este xoves, tras a reunión semanal do seu Executivo, dez substitucións no segundo nivel do Goberno tras a remodelación da pasada semana. Entre os novos nomeamentos está o da exdeputada vilalbesa Sandra Vázquez, quen foi candidata na localidade lucense o pasado 28M sen lograr a Alcaldía e será secretaria Xeral de Igualdade.

Roda tamén anunciou que Pilar Arias será a nova xeral técnica da Consellería de Infraestruturas; mentres que o enxeñeiro industrial Nicolás Vázquez porase á fronte da Secretaría Xeral de Industria; e José Ramón Pardo acompañará á que era a súa xefa en Emprego, María Jesús Lorenzana, como secretario xeral técnico de Economía.

Rueda avanzou que Covadonga Toca será a nova directora xeral do Igape, e Begoña Abeijón, que dirixía o gabinete da conselleira de Política Social, Fabiola García, será a nova directora xeral de Atención á Discapacidade, e Natalia Lobato asumirá a secretararía xeral técnica de Sanidade tras o paso de Alberto Fontes á Secretaría Xeral de Emprego.

Sandra Vázquez é a nova secretaria xeral de Igualdade, mentres que o enxeñeiro industrial Pablo Fernández foi nomeado secretario xeral de Apoio ao emprego, Traballo autónomo e Economía social; e Joaquín Macho, ata agora secretario xeral técnico de Infraestruturas pasa a ocupar o mesmo posto no medio Rural.

"NON HAI PROBLEMAS"

O presidente da Xunta xustificou estes cambios como "modificacións normais" cando hai reestructuracións nos gobernos. Entre os cesados están todos os altos cargos da consellería de Industria e Economía con Francisco Conde, entre eles, Pablo Casal, Paula Uría e Fernando Guldrís.

"Cada un que chega quere conformar o seu equipo e os que están saben que poden cesar porque son cargos de libre designación. Non houbo problemas e todos o entenderon. Nunca houbo problemas xamais cando houbo cambios nos gobernos", sinalou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Arquivo - Sandra Vázquez (PP).. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.