Queres saber cales serán os festivos do 2024?

Aprobado xa o calendario laboral para o vindeiro ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2023

O Consello da Xunta aprobou este xoves o calendario laboral de Galicia para o ano 2024, no que volveron a fixar como festivos propios o Día das Letras Galegas, 17 de maio, e o Día Nacional de Galicia, 25 de xullo.

Así, tendo en conta os estatais e sen contar os que colla cada concello, os festivos para o próximo ano serán: Ano Novo, o 1 de xaneiro; Epifanía do Señor, o 6 de xaneiro; Xoves Santo, 28 de marzo; Venres Santo, 29 de marzo; Festa do Traballo, 1 de maio; Día das Letras Galegas, 17 de maio; Día Nacional de Galicia, 25 de xullo; Asunción da Virxe, 15 de agosto; Festa Nacional de España, 12 de outubro; Todos os Santos, 1 de novembro; Día da Constitución, 6 de decembro; e Natividade do Señor, 25 de decembro.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que a normativa estatal establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Delas, dous son locais ao ser elixidos por cada concello.

Así, dos 12 restantes, nove son obrigatorios e non sustituibles --a non ser que coincidan en domingo--: o 1 de xaneiro, Venres Santo (29 de marzo en 2024), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.

O próximo ano haberá un festivo español obrigatorio que coincide en domingo, a Inmaculada Concepción o 8 de decembro, que Galicia propón substituír polo 17 de maio.

Desta forma, os outros tres festivos españois son opcionais, xa que as comunidades poden cambialos. Estes serían o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, salvo que coincida en domingo; o Xoves Santo, que se celebrará o 28 de marzo; e o terceiro as comunidades poden escoller entre o 19 de marzo e o 25 de xullo, que é o escollido en Galicia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Consello da Xunta de Galicia presidido por Alfonso Rueda Valenzuela / Xunta

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.