Críticas á alcaldesa de Santiago por non ir a actos relixiosos: "Por que outros alcaldes do BNG si participan e ela non?"

PPdeG e PSdeG denuncian que a alcaldesa de Santiago non acuda á Ofrenda, mentres ela ve a súa decisión "entendible".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2023

O PSOE e o PP de Santiago criticaron que a alcaldesa da capital galega decidise non acudir á Ofrenda do Apóstolo o próximo 25 de xullo, mentres Goretti Sanmartín defende que é unha decisión "entendible".

Así, o portavoz socialista, Gonzalo Muíños, lamentou que a rexedora tomase esta decisión e lembrou que se trata "dun acto institucional e social". Nesta liña, manifestou que outros alcaldes do BNG, como o rexedor de Carballo, Evencio Ferrero, ou o anterior mandatario de Rianxo, Adolfo Muíños , participaron nas respectivas ofrendas ao patrón das súas localidades. "Fano porque saben que estes actos transcenden o relixioso e forman parte da idiosincrasia da cidade", afirmou.

Así, sinalou que é "unha pena" que o consistorio municipal "volva aos tempos de Martiño Noriega" e que a alcaldesa "non entenda" que é "a alcaldesa de todos os veciños", como, engadiu, "si fixo o alcalde Sánchez Bugallo", que fai catro anos o seu primeiro acto público que fixo como alcalde "foi no Ramadan en Fontiñas".

"INXUSTIFICADA E SECTARIA"

Pola súa banda, a viceportavoz do PP, María Baleato, indicou que ve "inxustificada" a decisión da rexedora e pediulle que a reconsidere. "Estamos absolutamente atónitos ante esta decisión que consideramos inxustificada e sectaria. Négase a representar os intereses de todos os composteláns", reprochou Baleato.

Neste sentido, a popular lembrou que na súa investidura Sanmartín manifestou que "sería a alcaldesa de todos", pero, na súa opinión, con este asunto xa se observa "o primeiro incumprimento da súa palabra". "Ela afirmou que representaría ao Concello en todos os actos institucionais, pero, onde está o límite entre un acto institucional e o relixioso? Non é a Ofrenda ao Apóstolo o gran acto institucional que representa á nosa cidade? E non é o Xacobeo o que nos converte en universais?, cuestionou.

DECISIÓN "ENTENDIBLE"

A pesar das críticas, Goretti Sanamrtín insistiu este martes en declaracións aos medios tras visitar a exposición 'Mirar a cidade. Unha visión poliédrica' do fotógrafo Fuco Reyes que a súa decisión é "entendible por parte do todo o mundo".

"Iso é o que me trasladaron a min grandes sectores da poboación. A xente entende perfectamente que unha persoa que ten unha representación institucional acuda, como non pode ser doutra maneira, aos lugares, aos recibimentos e organizando como anfitrioa a celebración do 25 de xullo e que non acuda, concretamente, ao acto litúrxico que vai haber", reiterou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
3

José Manuel Souto Lamas

Moi ben, Sra. Sanmartín. Que vaian, se queren, @s mexapías PP/PSOE, grandes turiferarios da Igrexa, incapaces de lle pedir contas por nada.


2

Moine

Nunca um cargo político, em tanto que cargo político, deve acudir a nengum acto confessional religioso de nengumha crença. Todo-lo demais é submissom.

1 resposta
1

Por Sentidiño: Totalmente de acordo: a xente aprende coa experiencia. As mesmas persoas que rexeitaban o feminismo hai dez anos, porque o equiparaban co machismo, hoxe comprenden a realidade da violencia de xénero. Outras que acollían o discurso ridiculizador da ultradereita sobre o movemento ecoloxista, agora teñen conciencia ambiental. Non podemos permitir, por omisión, volver atrás máis de vinte anos.


1

Sentidiño

A diferenza está na masa crítica: unicamente nas cidades, ou en vilas moi grandes, os votos que se perden por ser coherentes son desprezábeis en termos matemáticos!


Foto de familia na sesión de constitución do Concello de Santiago de Compostela, a 17 de xuño de 2023, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia.. Álvaro Ballesteros - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.