O alcalde socialista de Caldas de Reis acorda co BNG a súa incorporación ao goberno local tras perder un edil

Segundo o comunicado conxunto, o acordo tamén inclúe "investimentos importantes" centradas na ampliación e mellora dos servizos públicos, que "suporá un punto de inflexión na xestión municipal".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 11/07/2023

O alcalde de Caldas de Reis, o socialista Juan Manuel Rey, acordou a incorporación do BNG ao seu goberno local en minoría de cinco edís, despois de perder un representante nos comicios do pasado 28 de maio, o que fixo que o PP se situase como lista máis votada con seis concelleiros, aínda que estará na oposición.

En virtude deste acordo entre PSOE e BNG para esta localidade de algo menos de 10.000 habitantes, os nacionalistas terán a tenencia de alcaldía con Manuel Fariña. Ademais, o Bloque queda coas áreas de Cultura, Deporte, Turismo, Educación, Patrimonio, Mocidade, Normalización Lingüística e Sanidade.

Segundo o comunicado conxunto, o acordo tamén inclúe "investimentos importantes" centradas na ampliación e mellora dos servizos públicos, que "suporá un punto de inflexión na xestión municipal", que estará centrada na mellora da calidade de vida dos caldenses.

Ademais, explica o comunicado que o acordo pretende dar resposta á expresión dos cidadáns nas urnas, que "apostaron claramente por un goberno de esquerdas".

No pacto tamén se subscribiron cuestións como "realizar uns orzamentos que atendan necesidades prioritarias da poboación, que reforcen a aposta polos servizos públicos e que reforcen o mantemento e a limpeza do espazo público", que son cuestións amplamente demandadas polos caldenses.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis / PSdeG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.