O manual para as persoas das mesas electorais pódese descargar xa en galego

Por E.P. | MADRID | 17/07/2023

O Ministerio do Interior puxo a disposición das persoas que foron designadas membros de mesas electorais o manual correspondente, que está dispoñible en versión lectura fácil e en castelán, catalán, valenciano, galego e eúscaro.

O manual de mesa é un documento que deben ler todas as persoas designadas para formar parte das mesas electorais, onde se explica as persoas que compoñen unha mesa, as súas funcións, o material necesario, as normas que deben cumprir dentro do local electoral e os problemas que poden presentarse.

Interior defende que, como ocorreu nas eleccións do 28M, a adaptación en lectura fácil permitirá unha mellor comprensión do manul e das responsabilidades dos membros das mesas electorais a persoas con discapacidade intelectual ou do desarollo, entre outras.

Esta lectura promove a accesibilidade cognitiva, que beneficia a todas as persoas, pero en especial ás persoas con dificultades de comprensión como as persoas con discapacidade intelectual ou do desarollo, persoas con autismo, persoas con Síndrome de Down, maiores con deterioración cognitiva ou persoas con algún trastorno de saúde mental, entre outras.

O manual xa está dispoñible para a súa descarga na páxina web oficial das eleccións e na web do Centro Español de Accesibilidade Cognitiva (CEACOG), froito da colaboración co Ministerio do Interior.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Urna cunha chea de papeletas de votación / EUROPA PRESS - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.