O PPdeG insiste nas críticas á 'Alba de Compostela': "É unha festa privada do BNG"

A alcaldesa insiste en que non existe "contraprogramación" e pide "non confundir á poboación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2023

O portavoz do PP no Concello de Santiago, Borja Verea, criticou a "teimosía" da alcaldesa, Goretti Sanmartín, en celebrar a 'Alba de Compostela' o próximo 25 de xullo e asegurou que se trata de "un acto do BNG".

En rolda de prensa este luns, Verea opinou que non se pode facer "un acto de conmemoración cidadá" tendo en contra "a practicamente toda a corporación". "Nunca un alcalde tivo tan pouco respaldo cidadán", manifestou antes de engadir que Sanmartín actúa con "soberbia" e con "falta de humildade"

"Se a pesar de saber que 17 de 25 (concelleiros) están en contra de facer o acto civil do día 25, contraprogramando a Ofrenda do Apóstolo e sen ter o consenso, esa soberbia convértese nun comportamento antidemocrático e que rompe os consensos institucionais na nosa cidade", censurou.

Ademais, Verea considerou que as condecoracións non serán "nin títulos nin recoñecementos oficiais nin legais", xa que, segundo explicou, "a lei di que títulos e que condecoracións se poden dar en Santiago e como se poden dar polo Concello". Nesta liña, criticou que se trata dun acto que "non é da corporación" porque "así o dixo expresamente a súa maioría" e serán uns premios "fóra da lei".

"UN ACTO DO BNG"

Con estes argumentos, Verea insistiu en que se trata de "un acto do BNG e para a xente do BNG", e uns premios "que se deciden cos criterios do BNG". "Será un acto de partido ante o que estaremos vixiantes para que non se utilicen fondos públicos de todos os cidadáns para unha festa privada do BNG e de Sanmartín", avanzou.

"NON EXISTE CONTRAPROGRAMACIÓN"

Pola súa banda, a alcaldesa, a preguntas dos medios nunha rolda de prensa este luns, insistiu en que a 'Alba de Compostela' non contraprograma outros actos do 25 de xullo como a Ofrenda ao Apóstolo. "Isto é un acto que o propio Concello está a preparar e vai ter lugar cun protocolo ordenando, sen chocar con outros eventos", reiterou.

Do mesmo xeito, pediu que "non se tente confundir á poboación" porque "desde o primeiro momento comentouse que non era un acto que chocase con todos os actos da Ofrenda".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO /

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.