Só dous días do que vai de verán se superaron os 30 graos no conxunto de Galicia

As noites tamén están a ser máis frías do habitual para esta época do ano. Sen dúbida, está a ser un ano atípico no que o noso país se constitúe como illa paradisiaca na que respirar para visitantes de todos os lugares de España que se atopan abafados polas altas temperaturas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 31/07/2023

Cantas veces tiveches a sorte de pisar a praia este verán? Se aínda non colleches as vacacións, seguramente poucas, pois as fins de semana están a deixar bastante que desexar: fortes rachas de vento, temperaturas non de todo agradables e mesmo choivas. Que está a pasar? Está sendo este verán peor (no que a temperaturas se refire) que os anteriores? Remitámonos aos datos históricos de MeteoGalicia, a ver que nos din.

O verán comezou o 21 de xuño, polo que xa vai ala máis dun mes completo desta estación. Cantos días do primeiro mes de verán se superaron os 30 graos? Pois só dous e, curiosamente, ningún deles foi en xullo, ambos en xuño: o 23 (30,5 graos) e o 24 (30,6 graos). Sen embargo, en 2022, neste mesmo periodo, xa foran 9 os días que superaran os 30 graos: o máis culoroso de todos, o 12 de xullo (39 graos); o 13 e o 14 de xullo (36,7 graos); o 9 de xullo (36,4); o 10 e o 16 de xullo (33,3 graos); o 8 de xullo (31,9); o 17 de xullo (30,8 graos); e o 15 de xullo (30). 

Para os galegos e as galegas, que pasamos tanto tempo sen ver os raios de sol durante o inverno, abrigados ata as orellas con centos de mantas, pode que non chegar a temperaturas elevadas sexa unha mala noticia, pero o certo é que o resto de España agora mesmo se atopa tan afogado pola calor que ve a Galicia coma unha illa paradisiaca na que respirar durante as súas vacacións.

Agora ben, máis que as máximas, quizáis convén agora botar un vistazo ás mínimas, pois as noites de verán poden ser moi interesantes para pasear e disfrutar das estrelas con temperaturas agradables. Superar os 15 graos sería o ideal, para poder pasar só cunha chaquetiña.

Cantos días superamos neste mes eses 15 graos? Tan só sete, e ningún pasou dos 20. Nada menos que 22 días baixaron de 15 graos, e houbo moitos nos que se pasaba verdadeiro frío, como foi o caso de 16 de xullo, no que se baixou ata os 9,9 graos. Fai un ano, o primeiro mes de verán tivo 15 días de temperaturas nocturnas por riba dos 15 graos, habendo algúns deles por riba dos 20.

UN DOS DÍAS DE GALICIA MÁIS FRÍO DOS ÚLTIMOS ANOS

O pasado 25 de xullo celebrouse o día de Galicia. Entre lumes de artificio, centos de festas e comida a esgalla os galegos disfrutaron do feito de selo. Mais o tempo, unha vez máis, non foi o propio destas datas. Como ben é sabido, as mellores festas neste país fanse pola noite, e tendo en conta que xa estamos en pleno verán, o lóxico sería ter unha noite calurosiña.

Pois nada máis lonxe da realidade. O 25 de xullo o termómetro marcou unha temperatura mínima de 12,1 graos. Mais que chaqueta era necesario un xersei e unha sudadera para facer fronte ao aire frío que xeaba os ósos. Botando a vista atrás, hai que remontarse ata o ano 2015 (fai xa oito anos) para topar unha noite do 25 máis fría: 10,7 graos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Praia de Samil / EUROPA PRESS - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.