Co 99 % escrutado o PP álzase con 136 deputados, seguido do PSOE con 122 deputados

En Galicia o PP chegaría a 13 escanos, o PSOE baixaría a 7, o BNG quedaríase con un e Sumar retería os dous de Podemos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 23/07/2023

Xa co 99 % dos votos destas eleccións xerais escrutado, PP supera ao PSOE cunha porcentaxe de voto do 32,98 %, o que lle leva aos 136 deputados, mentres o PSOE, cunha porcentaxe de voto do 31,73 % quédase en 122 escanos.

A terceira praza é para Vox, cun apoio do 12,40 % e 33 escanos, mentres que a coalición Sumar figura cun 12,31 % e 31 escanos, en ambos casos, por debaixo do seu resultado de 2019.

En Galicia, co 99,18 % escrutado,PP sitúase como a forza máis votada ao subir de 10 a 13 deputados, co 43,52 % dos votos (693.384), mentres que o PSOE perdería tres actas e quedaría con sete, co 29,84 % dos sufraxios (475.538).

A terceira praza é para o BNG, que retería o escano que xa ten, co 9,48 % dos votos (151.193), mentres que Sumar faríase con dous escanos en Galicia, co 10,95 % dos votos (174.551), conseguindo os mesmos que Podemos en novembro de 2019.

POR PROVINCIAS GALEGAS

Por provincias galegas, o PP é a forza máis votada na Coruña co 91,12 % do voto escrutado, de modo que obtén catro escanos, un máis que en 2019, co 43,32 % dos votos. Pola súa banda, o PSOE perde un, ata dous, co 28,13 % do voto; e Sumar e BNG logran un deputado cada un.

En Lugo, co 92,52 % escrutado, o PP sería a forza máis votada, co 50,43 % dos votos, e gañaría un escano, ata os tres. O PSOE, pola súa banda, perdería 1 e quedaría cun deputado pola provincia e o 30,11 % dos votos. Nin o BNG nin Sumar conseguirían ningún representante en Lugo.

Na provincia de Ourense, co 100 % xa escrutado, o PP gaña un deputado no Congreso, ata situarse nos tres parlamentarios, co 49,92 % dos votos, mentres que PSOE perde un, ata quedar só con un, co 30,40 %. Desta maneira, o BNG volve quedar sen representación por parte desta provincia. Na mesma situación queda Sumar, que tampouco consegue deputados por Ourense, como xa pasou en 2019 con Galicia en Común.

Na provincia de Pontevedra, co 90,64 % escrutado, mantense o empate a tres escanos entre o PP e o PSOE, co 39,54 % e o 31,52 % dos votos respectivamente, e Sumar retén a acta que lograra por esa circunscrición Podemos nas xerais de novembro de 2019, co 13,19 % dos votos. O BNG non obtería representación pola provincia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Galegus

Gran fracaso do partido guía. Néstor Rego dimisión


1

Gamela

Todo parece que imos ter Pedro Sánchez & Cia (outros catro anos) ! PSOE + Sumar + Junst Cat + EH Bildu + PNV + BNG = 180 Escanos / Nin siquera lle fan falta os 7 de ERC ! Agora tamén será a noite dos Apoderados e Interventores en tódalas mesas electorais do país // INDRA sabemos que está en mans de Pedro Sánchez (e foi il que falou de Pucherazo) ?


O líder do Partido Popular e candidato á Presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, no acto de peche de campaña / M. Dylan

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.