Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2023
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou que os galegos dixeron "non" ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, como presidente do Goberno e destacou a "subida" en votos da súa formación en Galicia a pesar de que perde tres deputados no Congreso.
O xefe de filas dos socialistas galegos asegurou que a pesar de que o PSOE iniciou a campaña con "todo en contra" non vai haber un presidente de dereitas nin un vicepresidente da ultradereita, polo que subliñou que se trata dunha "noite de alegría" grazas á mobilización da sociedade de progreso.
Formoso compareceu ante os medios na sede do PSdeG pouco antes da media noite e acompañado por cargos da dirección do partido e candidatos como as cabezas de lista ao Congreso e ao Senado pola Coruña, José Miñones, e José Sánchez Bugallo.
En concreto, os socialistas lograron sete deputados (tres menos que nas xerais de novembro de 2010) ao facerse con tres escanos pola provincia de Pontevedra, dous pola de Coruña, un por Lugo e outro por Ourense.
En porcentaxe de voto, o Partido Socialista obtén en Galicia un 29,85 %, o que supón 1,39 menos que en 2019 (31,24 %), pero sobe en votos, ao pasar dos 465.026 das últimas xerais a 471.092 apoios.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, comparece ante os medios na sede do partido o 23J / Europa Press