Comisións Obreiras aposta por un Goberno central progresista que "mire para Galicia" e cumpra cos investimentos pendentes

Entre eses investimentos cita a saída sur, o corredor noroeste ou recursos para a dependencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2023

Comisións Obreiras (CC.OO.) fixo un chamamento ao futuro Goberno central que saia das votacións do pasado domingo a que "mire para Galicia" e cumpra con investimentos pendentes, entre as que cita a saída sur, o corredor noroeste ou recursos para a dependencia.

Nun manifesto con motivo do 25 de xullo, Día da Patria Galega, sinala que esta festividade está marcada polas eleccións xerais do 23 de xullo, polo que aposta por que se conforme un novo Goberno central progresista que "xestione os cambios políticos, sociais e económicos que se necesitan no Estado e en Galicia".

Igualmente, o sindicato en Galicia apela a un "pacto de rendas" que contemple, ademais da subida salarial, unha política fiscal adecuada que "limite os excedentes empresariais e protexa ás rendas medias e baixas".

Así mesmo, demanda unha mellora dos servizos públicos, traballar por aumentar o autogoberno cunha reactivación de transferencias, así como actuar ante o "desmantelamento" da industria galega, entre outras peticións. "Pedímoslle ao presidente Rueda que deixe de traballar para Feijóo e o PP, e que pense en Galicia e nos galegos e as galegas", afirma CC.OO.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Atención á dependencia / Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.