Falece José Sierra, fundador da empresa de carácter militar Urovesa, que fabrica en Valga máis de 5.000 vehículos ao ano

Creou en 1981 esta compañía especializada en deseño e construción de vehículos todoterreo civís e militares, con sede en Santiago e cuxa planta de produción está en Valga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2023

O fundador de Urovesa, José Sierra Fernández, nado en Viveiro (1941) faleceu este luns. Creou en 1981 esta compañía especializada en deseño e construción de vehículos todoterreo civís e militares, con sede en Santiago de Compostela e cuxa planta de produción está situada en Valga.

URO Vehículos Especiais SA é provedora do Ministerio de Defensa desde o ano 1984. Actualmente, conta con clientes de máis de 30 países de diferentes continentes.

Precisamente, este mes de xullo concedéuselle o premio Empresario Galego do Ano no marco da xornada 'O Encontro 2023', organizada polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga).

A fábrica de Valga (Pontevedra) chega a producir uns 5.000 vehículos ao ano en función dos contratos en curso, nun centro que combina áreas de dirección, deseño e I+D+i, ademais dunha pista de probas. As instalacións de Santiago de Compostela albergan o seu departamento de postventa.

Este martes, 25 de xullo, haberá velorio de José Sierra a partir das 19.00 horas no compostelán tanatorio de Funeraria Apóstolo. O xoves, 27 de xullo, terá lugar unha misa funeral no convento de San Francisco ás 19.00 horas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Fundador de Urovesa, José Sierra / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.