Santiago celebra a primeira Alba de Compostela cunha invitación a "ter orgullo" de cidade

A alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, reivindicou a "necesidade" da Alba de Compostela porque esta cidade "ten identidade propia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2023

Un Teatro Principal repleto acolleu este martes, 25 de xullo, o primeiro 'Alba de Compostela', o acto creado polo novo goberno municipal para render homenaxe a santiagueses distinguidos e co que a alcaldesa lanzou unha invitación a "quererse" e a "ter orgullo de Compostela".

Sobre as 13,30 horas, co son dunha gaita e un tambor daba comezo o acto institucional do Concello de Santiago, que recoñeceu ao director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, aos equipos femininos do Hóckey Club Raxoi, a María Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e directora técnica do Plan Socio-Comunitario de Vite, e a Ánxeles González Porto, propietaria do pub Borriquita de Belém e membro da Asociación Cultural Cidade Vella.

Ante a polémica que trouxo consigo este novo acto, que rexeitaron os grupos da oposición --PP e PSOE--, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, reivindicou a "necesidade" da Alba de Compostela porque esta cidade "ten identidade propia" e os "anfitrións" da capital galega "tamén teñen que mirar para si e ser protagonistas da súa propia festa"

E iso é o que quixo o goberno municipal con este evento, explicou, "que Santiago e a súa xente fosen as protagonistas da súa festa". "Ese é o obxectivo único deste encontro: querernos como Concello, que se sabe cidade do mundo, que se sabe capital galega e que soña con contribuír a un futuro mellor", manifestou.

Por iso, "a quen imaxine razóns espurias", convidounos a "quererse, a ter orgullo de Compostela, a conmemorar ás súas mulleres e aos seus homes. Así mesmo, convidounos a "deixar fose intereses particulares" e a "sumarse a esta festa", que, apuntou "quere ser de todos e todas as compostelás" e que "quere ser a celebración dunha cidade, dun concello que non merece conflitos innecesarios".

Dito isto, pasou a dar o parabén ás persoas recoñecidas nesta primeiro Alba de Compostela. "Son exemplo da diversidade do noso Concello, da pluralidade dos distintos ámbitos que o compoñen, do dinamismo dunha cidade con historia e con futuro", manifestou

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Será que non son de Compostela e non entendo como un Goberno Nacionalista premia ao director da Fundación Catedral, esa institución eclesiástica que recolle unha investidura de outra Fundación a Barrié e que entre ambas converteron o Tempo de Compostela nun lugar de NEGOCIO digno de calquera multinacional privada ! Nin siquera o Pórtico da Gloria é visible para todos sen pagar 10 € ! E iso seica merece un Premio Alba de Compostela ?


Entrega de premios da 'Alba de Compostela'. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.