BNG e PSdeG poñen a proba en Pontevedra un goberno do cambio en Galicia

O Bloque cre que non haberá pacto de goberno no Concello de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2023

Nacionalistas e socialistas gobernaron en Pontevedra durante os últimos catro anos. Un pacto que semellaba tranquilo e beneficioso para as dúas partes... ata o 28M. Entón a perda da Deputación de Pontevedra para as dúas formacións e o feito de que o PSdeG sacara un edil máis e o Bloque dous menos complicou as negociacións.

Desde entón, uns e outros responsabilizanse de non querer chegar a un pacto de goberno. Uns desencontros que se visibilizaron este martes logo de que o PPdeG votara a favor dunha moción do PSdeG e que o Bloque considerou unha traición. Tal é así que xa descarta un pacto nestes próximos catro anos o que lle vai complicar, e moito, a gobernabilidade de Pontevedra e tamén dificulta, chegado o caso, un cambio de goberno en Galicia.

Así o explicou a alcaldesa en funcións, Eva Vilaverde, que compareceu este mércores en rolda de prensa. Con iso, tentaba aclarar a situación ante as "preguntas e dúbidas xurdidas" por mor dos acordos plenarios entre o PP e PSOE alcanzados este luns, ao redor da reapertura ao tráfico da rúa Reina Vitoria e a eliminación de resaltos para reducir de velocidade nas vías sanitarias.

Eva Vilaverde lembrou que a "competencia executiva" de abrir ou realizar obras na cidade de Pontevedra "depende en exclusiva do Goberno Local" e que os acordos alcanzados polo PP e o PSOE "só mostran unha opinión política compartida á hora de atacar o modelo de cidade".

"O que non se pode a través dunha moción é gobernar porque non é competencia do Pleno facelo", destacou a edil nacionalista, polo que a moción para reabrir Reina Vitoria non terá efectos na práctica. "No que ten que ver con tráfico, mobilidade e con obras quen é competente para tomar decisións e executalas é o alcalde e o seu goberno", subliñou Eva Vilaverde que manifestou que "se outros queren gobernar tamén o poden facer", en referencia á posibilidade dunha moción de censura "é lícito e lexítimo que o fagan".

PACTO DE GOBERNO

Con respecto ás negociacións entre o BNG e o PSOE para pechar un pacto de goberno na capital da provincia, a alcaldesa en funcións indicou que "o luns o Partido Socialista de Pontevedra deixou claro e meridiano que non quere entrar a gobernar en Pontevedra".

Eva Vilaverde, que formou parte da comisión negociadora e participou nestas reunións, desvelou que no Bloque "loxicamente xa sabiamos, ou intuiamos, que non querían entrar a gobernar" ante a "actitude" mostrada polo PSOE xa que, desde o último encontro mantido o 20 de xuño, os socialistas "daban longas, non propuñan nada concreto".

"Eles serán interlocutores privilexiados para calquera acordo de goberno co Bloque Nacionalista Galego", asegurou Eva Vilaverde, "porque grazas a eles temos a Alcaldía", engadiu. "O luns demostraron que prefiren chegar a acordos co Partido Popular na oposición obstaculizando a acción de goberno que chegar a acordos co BNG para gobernar a cidade de Pontevedra", concluíu a alcaldesa en funcións.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores / PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.