A concesionaria da AP-53 (Santiago-Ourense) non será indemnizada pola caída de ingresos durante o confinamento

A sala do Contencioso do Tribunal Supremo desestimou o recurso interposto pola concesionaria da autoestrada, rexeitando que o Goberno deba pagarlle unha indemnización mentres o resto de contratistas públicos sufriron as consecuencias da covid-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2023

A sala do Contencioso do Tribunal Supremo desestimou o recurso interposto pola concesionaria da autoestrada AP-53 (Santiago-Ourense), rexeitando que o Goberno deba pagarlle unha indemnización pola caída de ingresos durante o confinamento e as restricións da covid-19.

A pretensión formulada pola Autoestrada Central Galega Concesionaria Española S.A., (ACEGA) xa fora denegada polo Consello de Ministros no seu día, unha decisión que a entidade recorreu aos tribunais que, agora, rexeitaron tamén a súa pretensión. En concreto, reclamaba que o Goberno a indemnizase pola perda de ingresos sufrida polo tramo Santiago-Alto de Santo Domingo desta autoestrada entre o 13 de marzo e o 15 de xullo de 2020, coincidindo co confinamento e as restricións de mobilidade da covid-19.

A entidade explicaba que, entre estas dúas datas, "producíronse fortes restricións á libre circulación de persoas e vehículos", ademais de estar "prohibida a mobilidade interprovincial", e que "se fomentou o traballo a distancia", co que "a sociedade sufriu unha forte perda de ingresos que alteraron a economía da concesión". O artigo 34.4 do RD-L 8/2020, apuntaba ACEGA, "recoñece aos titulares de contratos de concesión unha compensación pola perda de ingresos e polo incremento de custos causado pola situación de feito creada pola covid-19".

MARXE POSITIVA

Fronte a isto, o avogado do Estado apuntaba que durante o período alegado pola empresa, a sociedade concesionaria "cubriu os seus custos e, ademais, obtivo beneficios, dado que a súa marxe bruta de explotación foi positivo", á vez que advertía na intención da demanda tratar de "garantir o beneficio íntegro esperado pola concesionaria, coma se para ela non existise a covid-19".

Así mesmo, nunha tese que avala a sentenza, nega que se producise unha vulneración do principio de igualdade, lembrando que "o que podería ser discriminatorio é que, como consecuencia da covid-19, as concesionarias de autoestradas se aseguren integramente o beneficio esperado (coma se, para eles, non existise a covid-19 nin a lexislación especial que foi necesario aprobar) mentres que os demais contratistas públicos soportan, en parte, as consecuencias da covid-19 nos termos regulados pola devandita lexislación especial".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A AP-53, a autoestrada que une Santiago con Ourense / Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.