As entidades culturais galegas en Cataluña entregan os premios Alecrín da Cultura

Por E.P. | VIGO | 07/08/2023

O Festival de Cans recibirá este mércores, día 9 de agosto, o premio Alecrín da Cultura, concedido pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (Fegalcat). Foi a asemblea desta federación, que agrupa a 14 entidades culturais galegas, a que quixo conceder a Cans este premio á Promoción Cultural, valorando a traxectoria do certame no ano no que celebra o seu vixésimo aniversario.

A entrega destes premios terá lugar nun acto que se celebrará no Castelo do concello ourensán de Castro Caldelas, presidido pola alcaldesa da localidade, Sara Inés Veiga. Ao evento acudirá tamén o director do Festival, Alfonso Pato, que recollerá o galardón en nome de toda a organización, segundo explican nun comunicado.

Xunto con Cans, recibirán este premio outras personalidades como a escritora María Xosé Porteiro, en Literatura; o escultor Acisclo Manzano, en Artes, ou o grupo Leilía, en Música, tras anunciar este ano a súa retirada dos escenarios.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Eloy Domínguez e os protagonistas de 'Rompente' xunto a Alfonso Pato no Festival de Cans.. FESTIVAL DE CANS

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.