O sucidio, un tabú que en Galicia supera a media do Estado e da UE

Distintos informes vinculan a situación económica e o consumo de determinadas substancias co aumento do suicidio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/08/2023

Galicia superou as taxas de prevalencia de suicidios tanto nacionais como europeas en 2021. Unha tendencia que vai en aumento desde a pandemia da Covid-19. Os homes e o grupo de 51-60 anos foron as principais vítimas do suicidio. Son datos preocupantes sobre as cifras de suicidios na poboación galega do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) no seu último informe.
 
Os datos, aparecidos no estudo 'Suicide deaths and substance use in the Galician provinces between 2006 and 2020' de Gerardo Flórez, Ashkan Espandian, Noelia Llorens, Teresa Seoane-Pilladoe  Pilar A. Saiz publicado en 'Frontiers in Psiquiatry',  recollen as taxas de suicidio e a súa evolución de 2012 a 2021 e, ademais de analizar as diferenzas nas cifras de suicidio segundo o sexo e a idade, exploran tamén as estatísticas sobre os métodos que se utilizaron.
 
Así, os anos 2012, 2013 e 2014 foron os principias anos de mortes por suicidio en Galicia que baixaron ata que volveron a subir de xeito importante en 2019. Os primeiros anos coinciden coa grave crise económica que viviu Galicia e o conxunto de Europa derivada dun crack bancario nos Estados Unidos en 2009. A segunda suba coincide coa pandemia da Covid-19. Tamén hai diferencias por provincias, sendo a da Coruña, con diferencia, onde máis mortes se rexistran por este tipo de causas.
 
No transcurso de 2020, os principais factores de risco foron a idade, ter entre 51 e 60 anos, e o sexo, ser varón. Ademais, observouse que o método máis empregado era o aforcamento na casa. Este tipo de recollida de datos é fundamental para coñecer as principais vítimas do suicidio, así como para promover accións de prevención baseadas na evidencia", indican os investigadores.
 
CAUSAS ECONÓMICAS
 
Este informe completa outro sobre o suicidio e as súas causas económicas no que se demostra que existe unha relación entre estas variables. Deste xeito, no estudo 'Suicide mortality trends in Galicia, Spain and their relationship with economic indicators'  investigouse o efecto do paro e a recesión económica sobre as taxas de suicidio en Galicia entre 1975 e 2012.
 
Así, detectouse que as taxas de suicidio aumentaron de 145 suicidios en 1975 a un máximo en 1993, con 377 mortes por suicidio, o que representa o 1,38% de todas as causas de morte, e despois tenden a diminuír ata os 335 suicidios en 2012. As análises conxuntas revelaron que as taxas de suicidio cambiaron de forma diferente entre todos. Deste xeito, as mulleres de 24 anos ou menos mostraron taxas de suicidio estables mentres que os homes de 45 a 65 anos presentaron dous picos de incidencia.
 
Cando se estudou a correlación independente entre desemprego, recesión e suicidio, atopouse unha asociación significativa entre desemprego e suicidio, pero non entre recesión e suicidio para os dous sexos xuntos e para os homes, mentres que para as mulleres non había unha correlación significativa entre o suicidio. e o desemprego ou recesión. 
 
Finalmente, cando se estudou o efecto da interacción entre desemprego e recesión sobre o suicidio detectouse que a recesión económica e o desemprego interactuaban en relación ás taxas de suicidio, especialmente, entre os homes, pero non tanto entre as mulleres.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Moine

Seguro que tem que ver com a soidade. Aqui, a gente maior fica soa; pois os seus filhos e netos senom querer morrer com a fame, só tenhem um caminho: EMIGRAR. A gente nova que fica nom tem trabalhos que lhe procurem um cómodo viver. Umha pergunta: Esta realidade nom terá que ver com o que se vota: PP-PSOE, na Galiza.


Evolución do suicidio en Galicia desde 2012 ata 2021 por provincias

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.