Por que nos contaxiamos de covid? Unha investigación internacional na que participa a USC identifica 51 rexións do xenoma responsables

O catedrático Ángel Carracedo coordina o consorcio 'Scourge', que participou na plataforma 'Host Genetic Initiativa'. O traballo revela que o consumo de tabaco e o número de cigarros fumados ao día, así como un correcto funcionamento do ril, están asociados á gravidade e aos fenotipos de susceptibilidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 07/09/2023

Unha investigación internacional na que participou un grupo da USC coordinado polo catedrático Ángel Carracedo identificou 51 rexións do xenoma humano responsables de paceder a covid-19 de carácter severo. O traballo publicado recentemente na revista 'Nature' actualiza o mapa xenético publicado en 2021 a partir do estudo de case 220.000 casos procedentes de tres millóns de controis, segundo detallou a institución académica compostelá nun comunicado remitido aos medios este xoves.

O consorcio 'Scourge', encabezado polo catedrático da USC Ángel Carracedo e no que participan investigadores do CIMUS, o IDIS e do Servizo Galego de Saúde; formou parte da plataforma internacional 'Host Genetic Initiative', orientada a profundar nos factores xenéticos que inflúen no coronavirus que causou a pandemia mundial de comezos de 2020.

Así, o novo mapa xenómico do covid descobre 28 rexións novas respecto ao estudo precedente, o que permite avances á hora dos tratamentos ou a análise de efectos adversos. "A severidade da covid-19 está determinada nun 50 % pola xenética e noutro 50 % por factores ambientais, por iso é tan importante o achado que acabamos de facer coa actualización deste mapa", sinalou o profesor Carracedo.

"Identificar este medio cento de rexións xenómicas permite non só entender mellor a enfermidade, senón tamén avanzar na definición de novas dianas terapéuticas e no medicamento personalizado, ademais de ser unha peza crave na predición do risco da enfermidade", engadiu o catedrático.

TRES FENOTIPOS

O estudo abordou tres fenotipos a través de 82 estudos de 35 países, incluídos 36 de individuos de ascendencia non europea. O incremento no número de rexións xenómicas detectadas contribúe a identificar as tres vías biolóxicas máis relevantes involucradas na severidade da patoloxía. O traballo revela que o consumo de tabaco e o número de cigarros fumados ao día, así como un correcto funcionamento do ril, están asociados á gravidade e aos fenotipos de susceptibilidade.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O catedrático Ángel Carracedo / UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.