Tres colexios resultaron gañadores do concurso sobre o Día das Letras Galegas da RAG

Os colexios Espiñeira-Aldán de Cangas, Juan Fernández Latorre da Coruña e Juan Rey, de Lourenzá son os gañadores dá sétima edición do concurso convocado pola Real Academia Galega (RAG) sobre o Día das Letras Galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2023

Os colexios Espiñeira-Aldán de Cangas, Juan Fernández Latorre da Coruña e Juan Rey, de Lourenzá son os gañadores da sétima edición do concurso convocado pola Real Academia Galega (RAG) sobre o Día das Letras Galegas.

Segundo informa a institución, os tres centros de ensino presentaron unha "variada proposta de actividades" para achegar á infancia a obra e o legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, o editor, escritor, activista cultural e académico Francisco Fernández del Riego.

A RAG, engade, entregará os galardóns o próximo 17 de outubro nun acto na Coruña, no que participarán alumnado e profesorado dos colexios premiados.

Respecto dos galardoados, a institución destaca que o CEIP Juan Rey superou "as 80 actividades" ao longo de todo o curso; o colexio Juan Fernández Latorre "implicou á veciñanza" na celebración do Día das Letras Galegas; e o CEIP Espiñeira-Aldán "animou ao seu alumnado a falar galego".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O CEIP Juan Fernández Latorre da Coruña implicou á veciñanza na celebración do Día dás Letras Galegas 2023. RAG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.