O BNG reclama "máis frecuencias" de trens no Eixo Atlántico polo "desaxuste" entre oferta e demanda

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, solicita ao Goberno central que "deixe de pór escusas de mal pagador e se poña a traballar para ofrecer un servizo ferroviario de calidade aos galegos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2023

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha iniciativa para pedir ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que poña "máis frecuencias" nos servizos ferroviarios do Eixo Atlántico, dado o "desaxuste existente" entre a oferta actual de Renfe e a demanda da poboación.

O nacionalista, a través dun comunicado, solicita ao Goberno central que "deixe de pór escusas de mal pagador e se poña a traballar para ofrecer un servizo ferroviario de calidade aos galegos", o cal pasa por máis itinerarios entre Vigo e A Coruña, tanto de Avant como de Media Distancia.

Rego faise eco das sucesivas "incidencias, demoras, falta de prazas" e as queixas dos usuarios para incidir na necesidade de pór máis horarios á primeira hora da mañá, con intervalos máis curtos: "Non é normal que o primeiro tren Media Distancia entre A Coruña e Vigo salga ás 7,00, o seguinte ás 8,00, ás 9,00 e ás 9,30. O único tren que existe antes das 7,00 é ás 5,35".

O mesmo ocorre, engade, na franxa do mediodía, con "esperas dunha hora entre un tren e outro". "Totalmente ineficaz", insiste Rego, que solicita tamén máis trens a última hora da noite. Así as cousas, o deputado do BNG aposta por que o Goberno prorrogue os bonos de Renfe e deseñe un servizo de proximidade para Galicia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Ferroviario

E , ademais, se hai un tren as 5,35, tampouico se pode dicir que o primeiro tren sexa o das 7,00. Desde logo todo e mellorable, pero entrre Coruña e Vigo xa hai un servicio de calidade, proba deso é que o usan mais de 1.000.000 de persoas ao ano, e o percorrido en hora e media.


1

Ferroviario

Home, hai 18 trens ao día entre Coruña e Vigo. Podería haber mais, pero non se poide dicir que non é " normal" esa frecuencia porque non sabemos a que " normalidade" se está referindo.


O deputado de BNG, Néstor Rego durante unha rolda de prensa anterior á reunión da Xunta de Portavoces, no Congreso dos Deputados, a 14 de setembro de 2023, en Madrid (España).. Carlos Luján - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.