Buscan a esta muller desaparecida en Cangas desde o luns 25 de setembro

Ten 54 anos e é de complexión delgada.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/09/2023

A Asociación SOS Desaparecidos emitiu este venres unha alerta para solicitar a colaboración cidadá na localización dunha muller de 54 anos, desaparecida na localidade pontevedresa de Cangas desde o pasado luns.

En concreto, trátase de María del Carmen Gómez Núñez, da que nada se sabe desde que abandonou o seu domicilio o día 25. A muller ten o pelo moreno con mechas louras, os ollos castaños e cando desapareceu vestía un vaqueiro azul e unha camiseta de cor vermella. Mide 1,63 metros e é de complexión delgada.

Os seus familiares denunciaron ante as forzas da orde a súa desaparición e a Garda Civil tamén está a facer xestións para tratar de localizala.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Muller desaparecida en Cangas (Pontevedra).. SOS DESAPARECIDOS / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.