Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/09/2023
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, está convencida de que o o PPdeG está ao final dun ciclo político. Así o sinalou durante co grupo parlamentario para fixar as liñas do debate do Estado do País previsto para os días 9,10 e 11 de outbro.
"O debate vai marcar o final de ciclo do Partido popular e o inicio do proxecto do BNG que representa a esperanza e o futuro”, dixo. Ao mesmo tempo, anunciou un paquete de medidas urxentes para protexer ás persoas máis vulnerables e axudar á sociedade galega a afrontar a crise económica.
Na súa intervención, Pontón defenderá 10 eixos transformadores e de futuro para poñer en marcha unha "Galiza viva, dinámica, orgullosa, científica e feminista". Tamén criticará a xestión política do PPdeG, tras 14 anos de goberno "e deixando unha Galiza peor da que atopou e perdendo posicións en todos os indicadores sociais e economicos".
"Co PP, Galiza perde peso político pola falta de transferencias, un financiamento que nos discrimina e a submisión do Partido popular ao PP de Madrid", dixo.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ante o Consello Nacional / BNG