Feijóo acusa a Sánchez de querer activar a independencia de Cataluña

Xa comeza a facer oposición antes de que Sánchez teña os apoios para ser investido presidente.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 09/10/2023

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns que recorrerá ante o Tribunal Constitucional a Lei de Amnistía se se aproba porque supón unha "fraude electoral" e unha "involución democrática" que é "incompatible co ordenamento xurídico español". Tras recalcar que o PP non será "cómplice dunha inxustiza", avisou ademais que este paso non levará a "enterrar a independencia" senón a "relanzar a independencia".

"Creo que ser cómplices dunha inxustiza nun Estado democrático como España ou nunha sociedade democrática como Cataluña é un acto de absoluta covardía ademais de ser un acto inxusto", asegurou Feijóo nunha entrevista en Catalunya Radio, que recolleu Europa Press.

Ademais, o presidente dos 'populares' acusou ao socialista Pedro Sánchez de escudarse na "reconciliación" e a "convivencia" cando o que persegue con esa Lei de Amnistía é seguir na Presidencia do Goberno "despois de perder as eleccións". Así, recalcou que non se está pactando "ningún tipo de reconciliación" senón que se está "pechando unha transacción política", a pesar de que os procesados no 'procés' "dixeron que volverán reactivar o incumprimento da lei a través de declaracións de independencia".

"Por tanto, isto non é enterrar a independencia, isto é relanzar a independencia", avisou, para censurar que Sánchez "utilice" os "votos do independentismo catalán" en "beneficio propio" para seguir en Moncloa, algo que, ao seu entender, constitúe unha "anomalía democrática".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O líder do PP e candidato á Presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante a manifestación organizada polo PP / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.