O BNG propón na Eurocámara reforzar a seguridade marítima internacional en zonas sensibles como Fisterra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propuxo na Eurocámara, no marco da Comisión de Pesca celebrada este luns, o reforzo da seguridade marítima internacional polos problemas que supoñen as bandeiras de coveniencia de buques como o Prestige.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2023

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propuxo na Eurocámara, no marco da Comisión de Pesca celebrada este luns, o reforzo da seguridade marítima internacional. Na súa intervención, a eurodeputada alertou dos problemas que supoñen as bandeiras de conveniencia en zonas sensibles como o corredor de Fisterra.

Así o expuxo como relatora dun proxecto de opinión da Comisión de Pesca para a Comisión de Transportes sobre a directiva do Parlamento Europeo e do Consello pola que se modifica a directiva sobre o cumprimento das obrigacións do Estado de abandeiramento.

Lembra que, por mor da catástrofe ambiental do Prestige (ocorrida en novembro de 2002), a Comisión Europea tivo que desenvolver un paquete de seguridade marítima en 2009 e agora trátase a revisión desas normas. E é que advirte de que os pavillóns de conveniencia de buques, como era o Prestige, causan problemas importantes en materia de seguridade, condicións de traballo e rastrexabilidade de produtos pesqueiros.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A eurodeputada do BNG Ana Miranda / BNG EUROPA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.