Os tribunais permiten a un menor de 16 anos decidir se quere poñerse a vacina contra a covid ou non

O caso chegou aos xulgados por discrepancias entre os seus proxenitores. Os maxistrados destacan a súa "madurez" e arquivan o proceso días despois de que o menor cumprise 16, porque a lei lle faculta para tomar a decisión.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 11/10/2023

A Audiencia Provincial de Pontevedra outorgou a un adolescente, de 16 anos de idade, a potestade de decidir se se vacuna ou non contra a covid-19, despois de que o caso chegase aos xulgados polas discrepancias que había entre os seus pais, que están separados.

En maio de 2022, cando o menor aínda tiña 15 anos, o Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo ditara un auto polo que outorgaba á nai a facultade de decidir se se vacinaba ou non, sen necesidade de contar co visto e prace do pai. El era contrario a esta inoculación porque dubidaba dos beneficios que outorgaba.

Así, o home recorreu esta decisión en primeira instancia alegando que só pedía "tempo para que se poida determinar se as vacinas contra o covid-19 son tan seguras como afirman e non hai efectos secundarios de entidade a medio e longo prazo". A nai, en cambio, defendía que "todos os organismos médicos oficiais", así como as autoridades sanitarias, recomendaban a vacinación. Así mesmo, sinalaba que o seu fillo podía estar "mediatizado polo seu pai".

Agora, nun novo auto emitido o 26 de maio de 2023, a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, decretou o arquivo do caso e outorgou ao propio menor a capacidade de decidir. O motivo é que o fillo xa ten 16 anos e que a Lei 41/2002, reguladora da autonomía do paciente, á que tamén se refería o pai, permite ás persoas que alcanzan esa idade, con carácter xeral, escoller sobre o seu sometemento a tratamentos sanitarios.

Ademais, o maxistrado destaca no auto a "determinación e madurez" mostrada polo mozo na súa vontade de non vacinarse, "máis aló do acertado ou non" dunha decisión que, tal e como recalca, "debe ser respectada". Por tanto, unha vez o menor ten 16 anos, a Audiencia Provincial arquivou o procedemento por carencia sobrevinda do obxecto e avalou que sexa o fillo o que decida. Contra esta resolución, que xa é firme, non cabe recurso.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Indicación de `Vacinación Covid´ no exterior do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) / Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.