A autopsia confirma a morte violenta da muller atopada no Porriño cun trapo metido na boca

Mantéñense abertas todas as hipóteses sobre a motivación da morte

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/11/2023

A Garda Civil investiga como posible violencia de xénero a morte dunha muller, xa identifica como Judith M.G., veciña de Vigo de 37 anos, e cuxo cadavér foi atopado este xoves nunha zona de maleza, no polígono industrial das Gándaras, no Porriño. A súa desaparición non fora denunciada. A súa identificación foi posible por unha foto e unha tatuaxe que permitiron apuntar unha identitade que logo foi confirmada polas impresións dixitais.

A muller vivía na cidade olívica, nunha casa 'okupada' e, segundo apuntan as mesmas fontes, era unha toxicómana vinculada ao exercicio da prostitución. Aínda que aínda non transcendeu canto tempo podería levar morta cando foi atopado o seu corpo, o que si se sabe é que non se formalizou ningunha denuncia pola súa desaparición.

Así o confirmaron fontes coñecedoras das pescudas que, con todo, matizaron que "todas as hipóteses están abertas". O corpo da muller foi atopado casualmente por un transportista na tarde deste xoves e, aínda que estaba vestida, non levaba encima ningunha pertenza ou documentación que permitise identificala.

Por outra banda, as mesmas fontes sinalaron que a vítima, de idade aproximada entre 30 e 40 anos, tiña introducido un corpo estraño na boca, un anaco de tea, posiblemente un pano. Todo apunta a que a muller morreu noutro lugar e que foi trasladada e "depositada" no punto no que foi atopada, detrás dun colector e dunhas pedras de peche dunha leira, entre a maleza.

Trátase dunha zona de moito tránsito, xa que está próxima a unha estación de ITV, un taller e numerosas empresas, polo que a circulación de vehículos é constante durante o día. Ata o punto desprazouse un equipo de Criminalística da Comandancia de Pontevedra, que estivo a inspeccionar o lugar onde foi atopado o corpo e tamén os arredores. Este venres os axentes volven ao lugar para continuar esa inspección, coa luz do día. Así mesmo, está previsto que nas próximas horas se realice a autopsia do cadáver.

MORTE VIOLENTA

Nunha primeira impresión, o cadáver non presentaba signos visibles de violencia, pero a percepción cambiou cando se comprobou que a muller tiña un anaco de tea, posiblemente un pano, no interior da boca. O corpo estaba vestido con roupa escura e non tiña aveños nin documentación que permitisen unha identificación inmediata.

A Garda Civil mantén abertas todas as hipóteses acerca da motivación detrás desta morte violenta, entre elas que se trate dun caso de violencia de xénero, aínda que non hai confirmación definitiva respecto diso e "non se descarta nada". Axentes de Criminalística volveron ao lugar do achado este venres pola mañá, onde realizaron unha nova inspección ocular e de onde se levaron, entre outros vestixios, o colector á beira do cal foi atopado o corpo, para o seu exame en busca de indicios que axuden a esclarecer as circunstancias da morte.

O xulgado de instrución 3 do Porriño fíxose cargo da investigación. Segundo informaron fontes xudiciais, polo momento, está á espera de recibir o resultado da autopsia e das dilixencias que está a practicar a Policía Xudicial da Garda Civil, así como o resultado da inspección ocular. Por outra banda, o Concello do Porriño convocou para as 18.00 horas deste venres un minuto de silencio na praza Arquitecto Antonio Palacios da localidade, en sinal de repulsa pola morte desta muller. A vítima tamén foi lembrada pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, na súa intervención nun acto con motivo do 25N na capital compostelá.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Axentes da Garda Civil traballan nun polígono industrial das Gándaras, onde apareceu o cadáver dunha muller con signos de violencia, / Adrián Irago - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.