Nova folga este martes contra o acordo de cocientes na educación galega cos centros abertos

A CIG, convocante deste segundo paro xunto con CSIF e STEG, critica a orde de servizos mínimos publicada pola Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns os servizos mínimos para a segunda xornada de folga na educación pública galega, que se celebrará este martes 28 de novembro. Está convocada pola CIG, CSIF e STEG contra o acordo de baixada de cocientes e horario lectivo pactado entre a Xunta e os sindicatos CCOO, ANPE e UXT.

Así, de novo serán os equipos directivos os encargados de fixar o persoal que conformen os servizos mínimos, que en todo caso deberán garantir a apertura e o peche dos colexios e institutos.

A orde que publica a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades no DOG inciden na necesidade de que as dotacións mínimas garantan o "servizo esencial da educación", entendido tanto pola "actividade docente" como pola "vixilancia e coidado" dos menores.

Por iso, a Administración establece que os centros sigan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza do director ou, no seu caso, outro membro da dirección que o substitúa. Naqueles colexios de menos de seis unidades, o director pode ser substituído por outra persoa que forme parte do equipo docente.

En calquera caso, será a dirección de cada colexio ou instituto a que designe os distintos servizos mínimos e publicaraos no taboleiro de anuncios. A Consellería lembra que o seu incumprimento poderá ser motivo de sanción.

Esta segunda xornada de folga, tras a primeira celebrada o 24 de outubro, foi convocada primeiramente pola CIG-Ensino, principal sindicato da educación pública galega, e posteriormente sumáronse CSIF e STEG. Tamén a apoia CUT.

A CIG considera que os servizos mínimos anunciados pola Xunta, "aínda sendo aceptables, dificultan que o profesorado das (escolas) unitarias exerzan o seu dereito á folga con normalidade", ao verse obrigado a garantir a apertura das instalacións.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

S. Miranda

Se chegan a ter que atender a 50 pacientes ao día nunha consulta, esta xente toleaba. Acabarán por pedir quedar na casa e que lles manden o soldo íntegro.


Manifestación de educación. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.