Morre un condutor de 81 anos tras chocar cunha furgoneta na Pastoriza

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 27/11/2023

Un condutor de 81 anos de idade, faleceu este luns tras chocar o coche no que viaxaba cunha furgoneta, no municipio lucense da Pastoriza. Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e da Garda Civil de Lugo, o accidente ocorreu sobre as 18.20 horas no quilómetro 60 da N-640, na parroquia de Fonmiñá.

Varios particulares contactaron con Emerxencias para informar de retencións nesa vía porque un coche acababa de chocar frontalmente contra un furgón. Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias-061, bombeiros de Vilalba, GES da Pontenova, Garda Civil de tráfico e o servizo de mantemento da estrada. Os efectivos de bombeiros tiveron que excarcerar o corpo do condutor do turismo, pero os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Así mesmo, o ocupante da furgoneta resultou ferido.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.