Podemos fai un partido a medida dos seus dirixentes

Para as europeas a exministra Irene Montero rodéase de diversos dirixentes, como o coordinador de Podemos en Galicia

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 08/01/2024

Cinco cargos da actual executiva estatal de Podemos e unha das súas deputadas no Congreso aspiran a liderar o partido a nivel autonómico en seis comunidades: Madrid, Canarias, Baleares, Comunidade Valenciana, Murcia e Cataluña.

A formación publicou este luns as precandidaturas para elixir novas direccións mediante primarias nestes territorios e tamén no caso de Asturias e Aragón. Así, os candidatos con máis opcións forman parte da cúpula do partido ou son afíns coas posicións da executiva estatal.

O partido morado destacou a relevancia destes procesos, consciente de que un dos seus problemas do partido é a súa debilidade a nivel territorial, como se demostrou tras as eleccións autonómicas do 28M, e cubrir as dimisións das direccións en varias rexións como Asturias, Aragón, Comunidade Valenciana, Baleares e Madrid.

MONTERO, XUNTO A DIRIXENTES ESTATAIS E AUTONÓMICOS

Pola súa banda, tamén se presentou a precandidatura aos comicios europeos coa exministra de Igualdade Irene Montero como principal aspirante a encabezar a candidatura de Podemos, cunha lista apoiada por dirixentes estatais e autonómicos.

Desta forma, forman parte do equipo de Montero dirixentes como Abellán, Isa Serra, María Teresa Pérez, o tamén coportavoz Pablo Fernández, o exJemad Julio Rodríguez e o coordinador de Podemos Galicia, Borja San Ramón, o seu homólogo en Castela A Mancha, José Luís Gascón, varios exdiputados da formación no Congreso e a activista polos dereitos das persoas trans Mar Cambrollé, entre outros.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O coordinador nacional de Podemos Galicia, Borja San Ramón.. PODEMOS GALICIA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.