Acordo para unha gran manifestación de denuncia da xestión dos pellets de plástico para o 21 de xaneiro

Ecoloxistas, voluntarios e plataformas sociais critican a desorganización na limpeza das praias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/01/2024

A mala xestión que as administracións, especialmente a Xunta de Galicia, está facendo das verteduras de pellets plásticos na costa galega uniu, novamente, como aconteceu no Prestige, a numerosos colectivos sociais e medioambientais que están dacordo xa en convocar unha gran manifestación para o vindeiro 21 de xaeniro en Santiago de Compostela.

Con máis de 70 praias con presenza de microplásticos, 42 delas documentadas a través de imaxes, ta e como puido certificar Galicia Confidencial neste vídeo,  aínda que a Xunta fala só de 30, a indignación é patente entre os voluntarios. Por iso, nos grupos de organización de limpeza creados a través de WhatsApp e de Telegram (onde hai máis de 1.000 persoas), xa se barallaba estes días a posibilidade de manifestarse esta fin de semana. Finalmente, será para dentro de dúas.

Organizacións ecoloxistas, voluntarios e plataformas sociais critican a desorganización na limpeza das praias, así como a falta de información sobre os pellets e o uso de maquinaria para a limpeza.  

NEGAN RAZÓNS ELECTORALISTAS

Os colectivos ecoloxistas apuntan que, de novo, quen saíu "desde o minuto un" a recoller os plásticos foron "persoas voluntarias e sen medios", igual que pasou co Prestige.

Aínda que recoñece que a dimensión da actual vertedura é moi distinta á crise do chapapote, o presidente da PDRA Xaquín Rubido asegura que "o modus operandi e o nivel de incompetencia é o mesmo". E que non se debería minimizar "por motivos electoralistas" algo que "non tería que chegar ata onde está a chegar".

Para o presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, a manifestación convocada en Santiago non ten ningunha intención de interferir nas eleccións autonómicas do 18 de febreiro. "Simplemente vémonos obrigados a convocala porque o malestar é moi grande", sinalou.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Manifestación en Vigo de 'Nunca Máis' once anos despois da catástrofe do Prestige / Miguel Núñez

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.