Por Galicia Confidencial | Muxía | 10/01/2024
O patrón maior de Muxía, Daniel Castro, está no foco mediatico. Un foco mediatico ao que chegou por méritos propios. Acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e outros cargos do PP, este mariñeiro foi moi crítico este martes cos ecoloxistas "de tres ao cuarto" e co actual Goberno central, especialmente, con ministros do PSOE. Iso si, non houbo nin a menor crítica ao Partido Popular.
"Era mellor que se preocupasen dá súa vida e non querer gañar unhas eleccións coas boliñas", asegurou en declaracións aos medios na mesma xornada na que o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, visitou a confraría. Castro, que denunciou que se lles está "sacando ou prestixio aos pescadores", referiuse tamén ao feito de que se compare o que ocorre agora coa situación provocada polo accidente do petroleiro Prestige. "O Prestige, a touro pasado, foi ou mellor paro biolóxico que tivemos na historia. Os percebes chegaron ao monte e ou peixe tamén. Collíalo en todos os lados", dixo.
"Son puñeteros nadies", dixo dos voluntarios e ecoloxistas que son os que están limpando a costa. "Viven nun mundo de fantasía do que lle conta un ministro que foi asinar a amnistía, aquel bobo, aquel petardo", criticou diante do conselleiro do Mar que en ningún momento quixo intervir. Con todo, este mesmo mércores tamén o conselleiro tentaba restarlle importancia a este verquido e aseguraba que os plásticos, se se inxiren, "entran por onde entran e saen por onde saen".
Acabamos de asistir ó nacemento dun clásico. O vídeo ten de todo.
— Carlo Ponzi (@Carlo_Ponzi) January 9, 2024
-Ecologhistas de 3 al 4 (sic) que se metan na súa vida.
-E o ministro que foi firmar a amnistía que?
-O Prestige foi o mellor paro biolóxico da historia, o percebe chegaba ó monte.
-Etc...
PURO PP DE GALICIA!!! https://t.co/KRTf13HHNZ pic.twitter.com/brnerlxpTJ
O QUE PENSA DO PRESTIGE
É ben curioso que un patrón e mariñeiro diga que un desastre ecolóxico coma o Prestige foi positivo. Pero non é a primeira vez que mantén esta afirmación. Hai uns meses, en novembro, coincidindo co 20 aniversario do afundimento do petroleiro, Castro era protagonista en varios medios de comunicación.
Nunha entrevista na Ser aseguraba que lembraba o desastre como "algo terrible". "Omar estaba cheo de merda. Ti ías navegando e atopabas toda a merda, os barcos manchados, os aparellos, as rodas, todo", apuntaba. Pero, a pesar dos momentos "tan horribles", aprendeu unha lección importante: "Ensinounos que o mar é recuperable e que a touro, toureado".
Aínda que o patrón maior de Muxía coidase moito de non criticar á Xunta ou ao PP, non ten problema en atacar duramente a ecoloxistas, ao goberno de Pedro Sánchez ou á UE. Noutra entrevista en Radio Nordés o pasado outubro valoraba a nova regulación pesqueira da UE e aseguraba que a situación vén provocada por “uns tontos con garavata que gobernan a pesca en Europa. Non podes ter un pastor de renos dirixindo a pesca e un tonto dun ecoloxista que non saben que é este mundo. Gustaríame saber que estudios fixeron para protexer a flora, non a fauna” manifestaba.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Galicia, socioloxicamente, non difire moito de Madrid. Os que están no goberno son os de sempre: catro pijos con autoodio que nunca traballaron. A xente "diferente" que coñecen son os seus criados, as súas "chicas" que recollen os nenos na escola, e as inmigrantes que limpan as cacas dos seus vellos.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, xunto co patrón maior de Muxía, Daniel Castro / X