Desaloxado un restaurante de Arteixo que estaba cheo tras rexistrarse un incendio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2024

Un incendio rexistrado nun restaurante de Arteixo (A Coruña) nas últimas horas obrigou a desaloxar o local aínda que, afortunadamente, saldouse con danos materiais e sen que ninguén resultase ferido.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o incidente ocorreu a última hora de tarde deste domingo, nun local hostaleiro da rúa Seixedo, en Oseiro, e foron os bombeiros os que comunicaron a súa saída aos servizos de Emerxencias.

Así, o servizo de extinción de incendios recibira unha chamada por parte do propio persoal para acudir a un restaurante, xa que se iniciou un lume na grella.

O 112 mobilizou tamén á Policía Local, Protección Civil e Garda Civil. Unha vez no lugar, debido á gran cantidade de fume acumulado, a Policía Local procedeu a desaloxar o restaurante, que neses momentos estaba ao completo, e ningunha persoa resultou ferida.

Unha vez extinguidas as chamas, os bombeiros informaron de que o lume afectara á grella e a unha cheminea; ademais, tiveron que retirar o falso teito para poder arrefriar ben a zona e evitar que volvese reavivarse o lume.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Camión de bombeiros

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.