O presidente do TSXG: "A Xustiza vive un momento preocupante e ten moitos problemas"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, eludiu este venres pronunciarse sobre a polémica que rodea ás decisións do xuíz García Castelló ou sobre a lei de amnistía, pero recoñeceu que a Xustiza está nunha situación "preocupante".

O presidente do alto tribunal galego expresouse nestes termos en declaracións aos medios, antes de participar na reunión do Pleno do TSXG que se celebra na cidade olívica. Así, a preguntas dos xornalistas sobre a polémica xerada polos posicionamentos do xuíz da Audiencia Nacional, que investiga as desordes protagonizadas por CDR e Tsunami Democràtic en Cataluña, o presidente do TSXG limitouse a constatar que "a Xustiza vive un momento preocupante" e ten "moitos problemas".

Con todo, rexeitou manifestarse sobre "este caso concreto", incidindo en que o importante este venres é centrarse na celebración do Pleno desprazado do TSXG en Vigo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde / CONCHI PAZ

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.