Plan Estratéxico da Horta, iniciativa para recuperar os cultivos tradicionais ligados aos pequenos agricultores

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro co sector para a posta en consideración do Plan Estratéxico da Horta, que a Xunta reivindica como folla de ruta para "reforzar a posición de Galicia como referente na produción hortícola de calidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro co sector para a posta en consideración do Plan Estratéxico da Horta, que a Xunta reivindica como folla de ruta para "reforzar a posición de Galicia como referente na produción hortícola de calidade". Durante a súa intervención, o conselleiro indicou que esta estratexia nace co fin de "seguir potenciando o sector, que dada a súa relevancia para o campo galego, necesitaba unha planificación destas características".

Así, segundo destacou o Goberno galego, González puxo en valor o territorio galego, que definiu como "moi adecuado para o cultivo de horta", xa que Galicia conta con oito indicativos de calidade ligados a este tipo de produción. Neste sentido, o conselleiro apostou tamén pola recuperación e potenciación das producións tradicionais que, sinalou, "axudarán a recuperar terra abandonada e a protexer a comunidade fronte aos incendios forestais, apostando pola marca Galicia na produción agroalimentaria".

A Xunta indicou nunha nota de prensa que esta estratexia é froito dun traballo de análise, avaliación e diagnóstico do sector, que se complementa con achegas en mesas de participación cos axentes da cadea de valor e entrevistas semiestructuradas grazas á colaboración coa Fundación Juana de Vega.

PLAN ESTRATÉXICO

Así, a Consellería explicou que o documento busca incrementar e diversificar este ámbito; profundando na profesionalización dos produtores e promovendo o aumento do seu tamaño, co fin de conseguir unidades rendibles economicamente e con capacidade para xerar emprego e riqueza. Ademais, tal e como detallou José González, perséguese unha maior diferenciación comercial da produción hortícola galega mediante a promoción, lembrando que a orixe galega é sinónima de calidade e do bo facer dos agricultores.

Isto farase a través de campañas publicitarias e promoción dos selos de calidade diferenciada, que garanten unha elaboración sustentable e respectuosa co medio ambiente. Así mesmo, este Plan estratéxico busca impulsar a investigación no campo dos produtos transformados, co fin de mellorar a súa produción desde a fase do cultivo ata a de transformación.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



María José na horta / Uxía Iglesias - Arquivo

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantén un encontro co serctor para a posta en consideración do Plan Estratéxico da Horta / XUNTA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.