O comité de empresa de Alcoa reunirase o venres coa Xunta para coñecer os avances nos eólicos que deben darlle enerxía

Os traballadores da planta solicitan a Industria a apertura dunha mesa técnica para poder realizar "seguimento administrativo".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 31/01/2024

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao manterá este venres un encontro coa Vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para coñecer de primeira man cales foron os pasos seguidos polo Executivo autonómico na tramitación dos parques eólicos chamados a fornecer enerxía á planta de aluminio de Cervo.

Así o confirmou, a través dun comunicado publicado este mércores, a representación dos traballadores da factoría, que avanzou que na citada reunión abordarase tamén o estado de tramitación da autorización solicitada pola empresa para a ampliación do depósito de barros vermellos (DBR) do complexo industrial. Todo iso en plena manobra de rearranque das primeiras cubas de electrolise da factoría que Alcoa puxo en calefacción o luns para tratar de cumprir así cos prazos fixados no acordo de viabilidade asinado entre a multinacional e os traballadores da fábrica.

No comunicado emitido este mércores, o comité informou tamén da solicitude realizada á Secretaría de Industria de abrir unha mesa técnica con persoal das administracións central e autonómica para poder realizar "seguimento administrativo", detallaron, "dos parques das nosas de PPAs". Estes acordos de compravenda de enerxía limpa de orixe renovable son fundamentais, explican desde o comité, para o futuro e a viabilidade da fábrica de aluminio primario xa que representan, puntualizaron, "o 25 % da enerxía necesaria con todas as cubas en funcionamento".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un home camiña xunto á fábrica de Alcoa, a 24 de xaneiro de 2024, en San Cibrao, Lugo / Carlos Castro - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.