Reforestación con frondosas autóctonas e apertura de camiños en 26 concellos para evitar que se repitan os lumes do 2022

Búscase facer un territorio "máis resistente" en mosaico, a través de descontinuidades produtivas nas que haxa actividade agrícola ou gandeira no canto de maleza para que isto non "volva pasar", segundo detallou o conselleiro do Medio Rural, José González.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, informou de que a Xunta impulsa medidas de recuperación nun total de 26 municipios afectados polos incendios forestais de 2022. Esta colaboración con axentes sociais implica a cinco comarcas: O Courel, Valdeorras, Macizo Central, Monterrei e O Barbanza. Unha área que abarca máis de 245.000 hectáreas.

As tarefas pasan pola plantación e reforestación con coníferas e frondosas autóctonas, apertura e mellora de pistas e camiños, construción de puntos de auga, así como implantación de franxas secundarias. Tamén se aposta pola creación de pastos, a posta en marcha de aldeas modelo e o impulso de polígonos agroforestais.

En declaracións en Boqueixón, onde participou nun acto de presentación de resultados do proceso participativo desenvolvido para as zonas de concorrencia de lumes forestais, González asegurou que se busca unha "nova forma de actuar" na prevención contra o lume nestas comarcas especialmente afectadas. Para iso, trabállase en instrumentos de recuperación. Búscase facer un territorio "máis resistente" en mosaico, a través de descontinuidades produtivas nas que haxa actividade agrícola ou gandeira no canto de maleza para que isto non "volva pasar".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Incendio Courel 2022 / Guillermo Díaz - Arquivo

José González, acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, e do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez / PEPE FERRIN - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.