A Xunta de Rueda buscou un acordo “in extremis” cos traballadores contraincendios semanas antes das eleccións

Rueda quixo deixar pechada a problemática cos traballadores contraincendios no tocante a consolidación de prazas, horarios e seguridade laboral antes das eleccións. O 23 de xaneiro de 2024 anunciaba medidas de melloras nunha reunión na sede do PP con representantes de asociacións profesionais, ningunha delas sindicatos. A pesar da reunión, o 25 de xaneiro houbo unha protesta dos e das traballadoras do sector que finalmente conseguiron uns acordos a pouco máis dunha semana das eleccións.

Por Moncho Mariño | Santiago | 15/02/2024

O doce de febreiro de 2024 chegouse a un acordo para a mellora das condicións laborais que afectan aos traballadores e traballadoras do servizo de prevención e extinción de incendios de Galicia. Este servizo dependente da Xunta contaba cun número amplo de persoas cuxas quendas de traballo só abranguían períodos de tres meses, o período estival e cando se concentran o maior número de lumes forestais. Ante a precariedade salarial e laboral que supuña para moitas persoas esta situación, os traballadores e traballadoras dos servizos contraincendios reclamaron negociar as súas condicións laborais deixando ver que de non facelo, a Administración galega estaría dando un mal exemplo en canto xestión dos montes e o combate contra os lumes forestais. Só nos últimos anos da etapa Feijóo e nos dous anos de Rueda, as cousas comezaron a moverse lentamente.

AUMENTO NOS TEMPOS DE TRABALLO

Unha das principais demandas do sector é o aumento nas tempadas laborais sobre todo no persoal de reforzo. Así, vixilantes contraincendios que só traballaban tres meses ao ano, pasaron co tempo a traballar seis meses. Había persoal que traballaba seis meses que pasou a nove e de nove a un ano. Con todo, Rueda anunciou que as persoas cuxo traballo duraba un semestre sería incrementado un mes durante tres anos de maneira paulatina.

Con todo, o 8 de febreiro conseguiuse unha xuntanza para iniciar un proceso negociador con Función Pública. Este proceso finalizou coa aprobación dun borrador de acordo no transcurso da Comisión de Persoal do luns día 12 de febreiro co apoio de todas as organizacións sindicais (CIG, CCOO, CSIF e UGT).

Os obxectivos que se buscaban eran que para 2026 pasaran a traballar nove meses as persoas que só traballaban seis meses. Con todo, quen quede con 9 meses en 2026 podería ver incrementado o seu traballo a 12 meses. “O obxectivo é a estabilidade laboral e cos 9 meses actuais non se deberan producir perdas económicas”, sinala Marcos Rodríguez de UGT.

“Que cheguen aos doce meses de traballo é o futuro acordo para os fixos discontinuos, pasarían a ser funcionarios e isto serviría para crear carteleiras con traballadores máis estables” apunta Carlos Hermida de CCOO.

O persoal debe traballar 12 meses para teren seguridade laboral e profesional, coa discontinuidade tiñamos case mil compañeiros e compañeiras por debaixo do limiar da pobreza” destaca Zeltia Burgos da CIG. “Con todo, a ampliación de horarios e tempos de traballo non entrou no acordo que se anunciaba o día 12 de febreiro”.

IGUALDADE DE CONDICIÓNS LOGO DE ANOS

As forzas sindicais destacan que de afianzarse a funcionarización podería haber unha igualdade de condicións para todo o persoal e que desta maneira as quendas e os horarios serán máis estables por tanto, saberán “cando van traballar”. A estabilidade horaria permitiría tamén descansos máis concretos e de paso a xornada laboral non poderá ir máis alá das 10 horas, agás que se trate dun incendio considerado de nivel 2.

“Debemos pensar tamén nos EPIs e nas melloras que traen canda eles ante un problema grave como é a desestacionalización dos lumes” apunta Marcos Rodríguez. A desestacionalizacion leva canda si a desaparición da concentración dos incendios que agora poden aparecer en meses tradicionalmente fríos e húmidos.

O aumento dos tempos laborais axudaría na prevención dos lumes pois poderían aplicarse tarefas preventivas como limpeza de faixas” sinala Hermida. Non obstante, para unha boa realización destes traballos sería necesaria a incorporación de novo material como “a renovación de vehículos”.

A pesar de todo, das boas palabras de Rueda e da “reunión” con asociacións de traballadores o día 23 de xaneiro de 2024, o 25 de xaneiro os e as traballadoras do sector manifestáronse pedindo melloras que afectasen a todo o persoal, 2.200 persoas e non só a 700.

O acordo do día 12 de febreiro fíxose “porque a Xunta non quería ter lío” durante a campaña electoral, apuntan desde a CIG. En tal caso, o acordo parece satirsfacer de maneira temporal as aspiracións sindicais, aínda así quedan moitos outros puntos que deberán negociarse no menor tempo posible.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Brigadas contraincendios/@briflaza

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.