Alcoa contará con outros dous parques eólicos máis a maiores da decena que xa teñen permisos de construción

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao informa de que a Xunta lles trasladou que prevé concluír proximamente a tramitación de dous parques eólicos máis despois. Seguen á espera por parte do Goberno central da aprobación do permiso de construción dos cinco parques de Endesa e da poxa dos nós de interconexión dos parques eólicos de Greenalia.

Por Fermín Paz | LUGO | 15/02/2024

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao informa de que a Xunta lles trasladou que prevé concluír proximamente a tramitación de dous parques eólicos máis despois de conceder a unha decena de parques permisos de construción para dotar de enerxía ao complexo da Mariña. Nun comunicado este xoves, o comité explica que mantiveron un encontro co secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, e co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, no que lles explicaron o estado de tramitación de parques.

Así, indican que lles trasladaron documentación sobre a tramitación de parques e unha guía técnica da aprobación conxunta dos mesmos. "Os de carácter autonómico atópanse todos con DIA (Declaración de Impacto Ambiental) e autorizados para construción, salvo dous, que un terá a autorización para construción en semanas e o outro antes de tres meses", explica o comité.

Mentres, o comité quéixase de que seguen á espera por parte do Goberno central da aprobación do permiso de construción dos cinco parques de Endesa e da poxa dos nós de interconexión dos parques eólicos de Greenalia. "En total o 45 % da enerxía en carga basee que necesitamos", relata.

Respecto da ampliación da balsa de lodos, o comité indica que Alcoa enviou o 6 de febreiro a documentación solicitada, polo que "saúde pública está a revisar dita documentación" e "despois pasaría á Consellería de Medio Ambiente". "Son conscientes da urxencia e contan tela revisada en días ou unha semana", agregan os representantes dos traballadores. Todo iso despois de que a fábrica de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, volvese producir aluminio primario o pasado mércores despois de dous anos, no marco dun proceso de rearranque de forma gradual das súas cubas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A fábrica de Alcoa, a 24 de xaneiro de 2024, en San Cibrao / Carlos Castro - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.