O voto oculto e os indecisos marcarán o resultada das eleccións máis axustadas

Canto máis aumenta a participación, máis vira a tendencia do voto cara a esquerda. Os datos das eleccións galegas contrastan, e moito, coa participación nos comicios do Estado, onde a participación é máis de 10 puntos superior a media dos procesos electorais galegos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 17/02/2024

"O cambio de goberno vai depender moito dos indecisos", isto é, "de se vai haber moita abstención ou van ir votar". É o que comenta un dos entrevistados por GC na rúa sobre a pulsión do cambio en Galicia. Non é o único que opina isto. Nas propias sedes dos principais partidos galegos son conscientes de que a mobilización do voto vai ser fundamental nestes comicios.

Todas as enquisas realizadas ata o momento dan ou unha vitoria moi axustada do PP ou un cambio liderado polo BNG e coa presenza de PSdeG e, mesmo, Sumar. Con todo, hai case un 20% que non ten decidido o seu voto ou que o oculta. De feito, os indecisos poden decantar as eleccións cara unha banda ou cara outra. E é que en Galicia a abstención subiu de maneira alarmante nos últimos anos. Precisamente, foron os anos coas vitorias absolutas máis abultadas do PP.

Se ollamos cara atrás, cando tivo lugar o gran cambio de goberno en Galicia, no 2005, pasando dunha Xunta do PP liderada por Manuel Fraga a un Bipartito de PSdeG e BNG liderado por Emilio Pérez Touriño a participación subiu ata o 64,2%. E o mesmo aconteceu catro anos despois cunha campaña moi tensa, mesmo nos medios de comunicación afíns ao PP, para arroupar a Alberto Núñez Feijóo ao goberno da Xunta cun 64,43% de partipación. A partir de aí, o interese pola política galega foi decando; un 55,4% nos comicios de 2012, un 53,63% nos de 2016 e menos do 50%, un 48,97% hai catro anos.  . Isto supón que 1.376.535 galegos non depositaron o seu voto na urna, fronte a 1.320.955 (48,97 %) que si o fixo.

 

Se tomamos como referencia o voto nas grandes cidades, un termómetro importante para pulsar se pode haber cambio, observase que no ano 2009 a abstención en todas elas ía dende o 26,72 % (de Ourense) ata o 34,08 % (da Coruña). Na actualidade esas porcentaxes son de escándalo, pois nos pasados comicios do 2020 a abstención subira a entre o 36,86 % (de Santiago) e o 44,75 % (de Ferrol). Estamos falando, neste último caso, de que case a metade da poboación decidiu non ir votar.

DIFERENTE COMPORTAMENTO NAS ELECCIÓNS NO ESTADO

Un compartemento electoral en Galicia que é moi diferente nas eleccións á Xunta e as eleccións á Moncloa.  A media de votación dos últimos 20 anos ronda o 70%. Curiosamente, a participación nas últimas eleccións xerais en Galicia, as do 23X, foi dun 66,59%, 18 puntos máis que nas últimas galegas de 2020. E o mesmo aconteceu durante as sucesivas repeticións electorais que tiveron lugar desde 2015 (69,67%), 2016 (66,48%) e 2019 (71,76% primeiro e 66,23% despois).

E nos anos nos que máis aumentou a participación foi nos que foi posible gobernos de esquerda en España, así aconteceu en 2019 e tamén, con Pedro Sánchez, e, previamente, en 2004 co socialista José Luis Rodríguez Zapatero que entrou no Goberno cun 75,66% de participación, unha porcentaxe que mantivo case no seu segundo mandato, en 2008, cun 73,85%. En 2011 a participación baixo ao 68,94%, o que permitiu a entrada de Mariano Rajoy.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Sentidiño

Gráfica coa participación electoral nas distintas eleccións en Galicia / EP

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.