Un menor ataca e fire ao seu pai tras ser vítima de malos tratos familiares

O proxenitor está detido.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/02/2024

Axentes da Garda Civil detiveron nas últimas horas a un home como suposto autor dun delito de violencia no ámbito familiar, ocorrido no municipio de Taboada.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, os feitos foron postos en coñecemento deste corpo de seguridade polo 112 Galicia, sobre as 14,00 horas deste domingo. As mesmas fontes tamén confirmaron que o home foi atacado por un menor, no contexto dese suposto episodio de violencia, e presentaba un corte nas costas, pero a ferida non revestía gravidade e o home non necesitou ser trasladado a un centro hospitalario.

O 112 explicou que recibiu un aviso por parte de Urxencias Sanitarias 061, reclamando a presenza das forzas de seguridade por un suposto altercado entre un pai e o seu fillo, polo que os servizos de Emerxencias informaron a Garda Civil e Policía Autonómica; así mesmo, tanto fontes sanitarias como do 112 ratificaron que non foi necesario o traslado do home ferido.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Varios axentes da Garda Civil preto dun domicilio do rural galego onde tivo lugar un incidente / Carlos Castro - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.