Reaccións 18F.- Vox insiste en atribuír o mal resultado a unha "campaña sucia"

Aseguran facer unha "absoluta e total" autocrítica pero afean que o PP suxerira a Vox que non se presentase aos comicios.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/02/2024

O vicepresidente e secretario xeral de Vox, Ignacio Garriga, asegurou este luns que o seu partido fai unha "absoluta e total" autocrítica por non conseguir representación no Parlamento galego este 18F, aínda que insistiu en atribuír o mal resultado a unha "campaña sucia" contra eles.

Vox fracasou de novo en Galicia e obtivo un resultado moi similar ao logrado nas anteriores autonómicas. En concreto, conseguiron 32.400 sufraxios, un 0,15% máis que en 2020. O 2,19% deste 18F queda moi lonxe da barreira do 5% necesaria para entrar no Parlamento autonómico.

En rolda de prensa desde a sede nacional, Garriga sostivo que conseguiron "entusiasmar" a unha parte do electorado, aínda que recoñeceu que non foi suficiente. "Non é o resultado que esperabamos e ao que aspirabamos, pero crecemos en votos", indicou.

Así, requirido por se Vox fai autocrítica, sinalou que "absoluta e total" e avogou por "redobrar os seus esforzos" na comunidade autónoma e ter "maior presenza na rúa" como receita para conseguir finalmente penetrar na sociedade galega.

Con todo, insistiu en culpar a unha "campaña electoral claramente marcada polo xogo sucio" dos malos resultados do 18F. Garriga lembrou que o PP suxeriu a Vox que non se presentase aos comicios, alegando que a división do voto no bloque da dereita podería beneficiar á esquerda, e que, ao non facelo, pasaron toda a campaña apelando ao voto útil e advertindo de que os votos para Vox irían parar ao BNG.

Paralelamente, reprochou a promoción de "todo tipo de cordóns para evitar que a voz de Vox chegase aos galegos: silenciando portavoces, propostas, apartándonos dos debates e posibles entrevistas". "Evidentemente, houbo moitos factores que complicaron que as propostas de Vox chegasen de primeira man aos galegos", recalcou o 'número dous' da formación.

Garriga tamén incidiu en que, a pesar destes esforzos, Vox "non está morto", senón que "está máis vivo que nunca". "Imos seguir perseverando nas mesmas ideas, nas eleccións en País Vasco, ao Parlamento Europeo e Cataluña", garantiu.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O secretario xeral de Vox, Ignacio Garriga, durante unha rolda de prensa posterior á reunión do Comité de Acción Política de VOX.. Fernando Sánchez - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.