Rueda: "Creo que hai moitas cousas de Galicia que se poden trasladar ás eleccións vascas"

Di que o PPdeG ten "marche de mellora" en Euskadi.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2024

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, defendeu este xoves que ve "marxe de mellora" para os seus compañeiros populares de Euskadi nas próximas eleccións, á vez que reiterou que está "a disposición" para colaborar no que se lle demande e expor a súa "experiencia positiva" en Galicia.

Así o manifestou despois de transcender que o lehendakari, Iñigo Urkullu, convocará as próximas eleccións vascas nunha comparecencia pública que se celebrará esta tarde na sede de Lehendakaritza tras a celebración do Consello de Goberno. A data máis probable para a súa celebración sería o 21 de abril, pero terá que ser Urkullu o que o confirme, primeiro aos seus conselleiros, e despois publicamente.

A preguntas dos medios, o líder do PP galego defendeu que ve "marxe de mellora" e que confía en superar expectativas. De feito, lembrou que estivo no Comité Executivo Nacional co candidato popular a lehendakari, Javier de Andrés, e puido constatar circunstancias relativas a Galicia que podían ter "traslado" ao escenario vasco.

"Pediu, ademais, a miña colaboración", recoñeceu o dirixente galego, antes de garantir que, se o PP vasco considera que pode "achegar algo" a súa presenza alí antes dos comicios, "por suposto" que acudirá. "Díxenlles que me tiñan á súa disposición. Creo que hai moitas cousas de Galicia que se poden trasladar a ese escenario e espero achegar a miña experiencia positiva, as miñas propostas, a miña visión de como creo que teñen que ser as cousas e de por que tivemos éxito o domingo aquí en Galicia. No que se poida achegar e podamos estar por alí, encantados", resolveu.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Rueda, na comparecencia de prensa posterior ao Consello da Xunta / Xunta

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.