Estas son as tendencias electorais das "aldeas galegas de Asterix" do PSdeG e BNG

En Vigo, Redondela, O Grove e Mugardos votaron en masa ao BNG nestes comicios, tendo alcaldes socialistas e populares. Soutomaior, Moaña, Cangas, Catoira, Fene, Verea, Allariz e Vilar de Santos votaron ao BNG o 18F e teñen alcaldes nacionalistas. E Entrimo, Calvos de Randín, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz votaron ao PSdeG e teñen alcaldes socialistas.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 27/02/2024

Este 18 de febreiro moitas cousas cambiaron. Aínda que o PP seguiu a ser o amo e señor da maior parte da comunidade galega, o BNG alzouse como segunda forza moi por diante do PSdeG en case todos os concellos, e restando distancia cos populares. De feito, dos 16 concellos galegos nos que saiu elixida como primeira forza neste comicios autonómicos outra formación diferente do PP, 11 encumbraron ao BNG, fronte a 5 que optaron polo PSdeG. Dende Galicia Confidencial facémonos unha pregunta: inflúe a cor política do goberno municipal na votación dos habitantes a nivel galego? Vendo o caso de Vigo, onde históricamente saiu o PP como primeira forza autonómica a pesares de estar gobernada polo socialista Abel Caballero, e no que este 2024 o BNG chegou a ser líder, semella que non hai relación entre alcalde e presidente da Xunta. Pero analizando polo miúdo as circunstancias dos demais municipios, vemos que si pode haber unha certa relación.

Así, aínda que ben é certo que a nivel galego hai moitos alcaldes nacionalistas e socialistas gobernando concellos nos que este 18F o PP foi primeira forza, non é menos certo que na maioría dos concellos onde non foi elixida primeira forza o PP foino a mesma formación que goberna municipalmente. Así, no concello pontevedrés de Soutomaior, de 7.426 habitantes, o BNG saiu elixido primeira forza co 45,3 % dos votos (seguido do PP, co 41 %; e o PSdeG, co 8 %), e nel goberna o alcalde nacionalista Manel Lourenzo Sobral dende o pasado ano 2023. No municipio pontevedrés de Moaña, de 19.474 habitantes, o BNG logrou o 46,5 % dos apoios (seguido do PP, co 36,6 %; e do PSdeG, co 9,9 %), e nel goberna a alcaldesa nacionalista Leticia Santos Paz dende 2015.

No caso do concello pontevedrés de Cangas, de 26.832 habitantes, o BNG logrou sacar nestes comicios un 46 % dos votos (seguido do PP, co 37 %; e o PSdeG, co 9,7 %), e nel goberna a alcaldesa nacionalista Araceli Gestido Rodríguez dende o 2023. No tamén pontevedrés municipio de Catoira, de 3.331 veciños, o BNG colleitou o 44 % dos votos (seguido do PP, co 38,7 %; e o PSdeG, co 12,1 %), e nel goberna o alcalde nacionalista Xoan Xosé Castaño Conde dende o pasado 2023. No concello coruñés de Fene, de 12.868 habitantes, o BNG sacou o 42,1 % dos votos (seguido do PP, co 35,6 %; e do PSdeG, co 13,7 %), e nel goberna o alcalde nacionalista Juventino Trigo dende o 2015.

No municipio ourensán de Verea, de 912 veciños, o BNG alzouse co 53,6 % dos votos (seguido do PP, co 37,2 %; e do PSdeG, co 4,5 %), e nel goberna o alcalde nacionalista José Antonio Pérez Balado dende o 2019. No tamén concello ourensán de Allariz, de 6.245 habitantes, o BNG sacou o 52,6 % dos votos (seguido do PP, co 34,1 %; e do PSdeG, co 6,6 %), e nel goberna a alcaldesa nacionalista María Cristina Cid Fernández dende o 2018. No concello ourensán de Vilar de Santos, de 794 habitantes, o BNG colleitou o 59,6 % dos votos (seguido do PP, co 32 %; e do PSdeG, co 3,8 %), e nel goberna o alcalde nacionalista Antonio Míguez dende 2022, en reemprazo do tamén nacionalista Xoan Xosé Jardón Pedras, que entrara no goberno no 2007 e tivo que deixar o cargo por motivos de saúde.

As excepcións a concellos que votaron como primeira forza este 18F ao BNG tendo alcaldes doutra cor política foron Vigo, Redondela, O Grove e Mugardos. O caso de Vigo, o máis extraño de todos, xa o comentamos. No concello pontevedrés de Redondela, de 29.055 habitantes, o BNG sacou o 39,9 % dos votos (seguido do PP, co 36,7 %; e do PSdeG, co 16,8 %), e nel goberna a alcaldesa socialista Digna Rivas dende o 2019. No concello pontevedrés do Grove, de 10.518 habitantes, o BNG colleitou o 43,5 % dos votos (seguido do PP, co 34,3 %; e do PSdeG, co 13,8 %), e nel goberna o alcalde socialista José Antonio Cacabelos dende o ano 2015. Finalmente, no concello coruñés de Mugardos, de 5.215 habitantes, o BNG alzouse co 38,7 % dos votos (seguido do PP, co 37,6 %; e do PSdeG, co 14,3 %), e nel goberna o alcalde popular Juan Domingo de Deus dende o 2019.

Por outra banda, nos concellos que nestes pasados comicios a primeira forza foi o PSdeG, en todos goberna un rexedor socialista. Trátase dos bastións socialistas. No concello ourensán de Entrimo, de 1.109 veciños, o PSdeG sacou o 47,5 % dos votos (seguido do PP, co 32,2 %; e do BNG, co 14,6 %), e nel goberna o alcalde socialista Ramón Alonso López dende o ano 2010. No tamén municipio ourensán de Calvos de Randín, de 735 veciños, o PSdeG colleitou o 45,4 % dos votos (seguido do PP, co 37,2 %; e do PSdeG, co 12,4 %), e nel goberna o alcalde socialista Aquilino Valencia Salgado dende o ano 2007.

No concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, de 969 habitantes, o BNG obtivo o 46,2 % dos votos (seguido do PP, co 39,6 %; e do BNG, co 11,9 %), e nel goberna o alcalde socialista José Luis Raposo dende o ano 2007. No municipio lucense de Ribeira de Piquín, de 513 habitantes, o PSdeG alzouse co 50,5 % dos votos (seguido do PP, co 38,8 %; e do BNG, co 7,8 %), e nel goberna o alcalde socialista Roberto Fernández Pico dende o 2015. E, finalmente, no municipio lucense de Negueira de Muñiz, de 215 veciños, o PSdeG conseguiu o 41,6 % dos votos (seguido do PP, co 52,7 %; e do BNG, co 24,8 %), e nel goberna o alcalde socialista José Manuel Braña Pereda dende o 2007.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
3

Moine

Ferroviário: Pedes muito. O Jacome nom leu na sua vida um livro de ensaio, por ende, o pensar nom lhe é mui doado


2

Sentidiño

O total de votantes ao Psoe aumenta nas xerais, se Sánchez continúa, e nas municipais, polo peso poboacional das cidades e grandes vilas. O Bng ten os seus mellores resultados nas galegas, porque aparece coma a única alternativa. Sumar ha subir en xerais, pois Madrid é o seu "escenario mediático". E os demais... pois haberá que ir morrendo!


1

Gabe

A análise é relevante, pero cumpriría facer avaliación e interpretación, ademais de especulación prospectiva de posibilidades futuras.

1 resposta
1

Por Ferroviario: Nin en mil anos Jácome sería capaz de argallar unha frase coma " especulación prospectiva de posibilidades futuras". Qué parábolas, mestre !


O alcalde, Abel Caballero, durante o pleno / CONCELLO DE VIGO - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.